O Sindicato de Estudantes convoca dous días de folga no ensino; as organizacións galegas van á folga e saen á rúa o xoves 26O Sindicato de Estudantes convocou para mañá mércores e o vindeiro xoves unha folga xeral estudantil en Secundaria e ensino universitario, que irá acompañado das manifestacións do xoves 26, xornada na que as organizacións estudantís galegas teñen convocada a folga e tamén mobilizacións e concentracións en todas as cidades e varias vilas galegas. Protestas que non se limitan a esta nova proposta do ministro Wert, senón aos recortes nunha política educativa que cualifican de "elitista e discriminatoria" e que cren que vai destinada a "privatización".
Así, Comités, Liga Estudantil Galega, Agir e outras organizacións estudantís galegas animan a protestar "cunha soa voz" contra os recortes, a masificación das aulas, a precarización do profesorado e contra unha universidade que "sexa cada vez máis un servizo que moi poucas podemos pagar". No comunicado conxunto, as entidades galegas opóñense a que lles "quiten as bolsas, a que endurezan os requisitos para obtelas mentres recortan e deixan a campus e institutos en situacións dramáticas". E animan a saír á rúa "contra un ensino que cada vez custa máis pagar ás clases populares e cunha calidade cada vez menor".
Comités e Liga Estudantil maniféstanse "contra un ensino que cada vez custa máis pagar ás clases populares e cunha calidade cada vez menor"Será unha reivindicación dun "ensino público e gratuíto", tamén dun Sindicato de Estudantes que ve no decreto 3+2 unha novo golpe "decisivo cara á privatización" despois de que no Estado se recortasen "máis de 1.500 millóns de euros ás universidades públicas e dun incremento brutal das taxas, cos que xa se expulsou máis de 45.000 estudantes universitarios nos dous últimos anos". "Quen poderá pagar os 20.000 euros que custará o título universitario?", pregúntase a organización, que desmente que a medida pretenda equiparar o sistema con Europa, xa que "en 23 países da UE o acceso á Universidade é gratuíto ou a prezos baixos".
Pero hai moito máis. Comités e Liga Estudantil apostan tamén por "liscar das aulas o patriarcado" e censuran un goberno que "fomenta con sumas indecentes de cartos aos colexios que segregan por sexos". "Mentres eles impoñen relixión, negación do corpo e de nós mesmas e perpetuación de vellos valores, nós loitamos por unha educación en igualdade que nos axude a construír novas relacións", reivindican, ao tempo que advirten do "perigo" no que se atopa a lingua galega, "tanto no ensino como na sociedade".
O decreto 3+2 é para as organizacións estudantís a medida que culmina "todas as contrarreformas educativas do PP para acabar co dereito ao estudo"Para todas as organizacións, este último decreto supón un ataque máis "e o máis grave en décadas" que vén culminar "todas as contrarreformas educativas do PP para acabar co derito ao estudo" das clases populares. "Queren impoñer o seu modelo mercantilista e elitista en beneficio das grandes universidades privadas", censura o Sindicato de Estudantes, que cre que para o PP "sobran universitarios de familias traballadoras".
Así, o Sindicato de Estudantes convoca folga xeral no ensino para os dous vindeiros mércores e xoves, mentres que Comités, Liga Estudantil e o resto de organizacións galegas apostan polo xoves para o paro e as mobilizacións na rúa "contra os recortes no ensino, por unha educación popular, non patriarcal, galega, científica e de calidade".
Hora e lugar das manifestacións do xoves 26
Comités, Liga Estudantil e Agir:- A Coruña: Praza de Vigo ás 12:00h
- Burela: Praza do Concello ás 12:00h
- Ferrol: Praza Camilo José Cela (Diante do edificio da Xunta) ás 12h
- Lugo: Edificio Intercentros ás 12:30 e na Horta do Seminario ás 12:45h
- Ourense: Diante da Subdelegación do Goberno ás 12h
- Pontedeume: porta do IES Breamo ás 10h
- Pontevedra: Praza da Peregrina ás 12:00h
- Santiago de Compostela: Alameda ás 11:30h
- Vigo: Praza América ás 11:30h
- Allariz: Diante do IES de Allariz ás 12h
- Cee: Praza 8 de marzo ás 12h
- Guitiriz: Diante do IES Díaz Castro
- Melide: Diante do IES de Melide ás 12h
- O Carballiño: Praza Maior d’O Carballiño ás 17:30h
- Ponteareas: Desde a rúa Feliciano Barrera (diante dos IES) ás 12h
- Ribadeo: Diante do IES Ribadeo ás 12h
- Ribeira: Diante da Estación de autobuses ás 12h
- Sarria: Praza da Vila ás 12h
- Verín: Avenida de Portugal (Diante do IES Xesús Taboada Chivite) ás 12h
- Vilagarcía: Praza da Galiza ás 12h
- Vilalba: Praza da Constitución ás 12h
- Ferrol: Edificio da Xunta, praza de España ás 12h
- Compostela: Alameda, 11,30h
- Vigo: praza América, 11,30h
- A Coruña: praza da Palloza, 12h
- Lugo: Avenida Ramón Ferreiro, fronte ao IES, 12,30h
Ningún comentario:
Publicar un comentario