O decreto da lei Wert que permite ás familias optar a unha axuda de
en torno a 7.000 euros para escolarizar os seus fillos no centro privado
que elixan no caso de que o público que lles corresponde non garanta
que reciben un "razoable" número de materias en castelán, non se pode
aplicar en Galicia. O decreto do plurilingüismo, que obriga a impartir
as materias en galego e castelán, afecta por igual, polo menos
teoricamente, a centros públicos, concertados e privados. Malia iso,
media ducia de alumnos solicitáronas.
O director de alta inspección da delegación do Goberno en Galicia, José Antonio Gay, xa avanza que se lles denegarán. Nin sequera poderían acceder á axuda (considerada no Real Decreto que desenvolve a Lomce) no caso de que algún centro público incumprise o decreto do plurilingüismo e impartise poucas materias en castelán. "Se fose así, que non o é, tería que intervir a inspección e obrigar ao cumprimento do decreto, co que tampouco se aplicaría neste caso a transitoria da lei," explica Gay.
O director de alta inspección en Galicia atribúe ao descoñecemento - "aínda que tamén hai algúns sabichons", precisa- o feito de que se cursasen as seis peticións de axuda de alumnos para que a Administración lles financiase todos os gastos dun centro privado. A oferta do Ministerio de Educación é atractiva economicamente: a Administración, explica Gay, non só faise cargo da matrícula, senón que custea tamén os libros, o transporte, o uniforme e as actividades extraescolares. Todo.
Gay recoñece que a axuda pode superar con folgura os 7.000 euros por alumno "xa que os prezos varían e pódese elixir o centro que se queira". E son as correspondentes Administracións públicas as que asumen ese gasto á carta nos centros privados: o ministerio detrae as cantidades que estes lle cobran das partidas asignadas aos departamentos de Educación das autonomías.
Gay recoñece que se puxo persoalmente en contacto coas familias dos seis alumnos que pediron a axuda en Galicia para explicárlleslle que non tiñan dereito e pedilos que deran marcha atrás. Asegura que só un se mantivo firme en continuar co trámite, "aínda que lle virá denegada", insiste aludindo ao "anecdótico" das peticións.
Non o ve así a presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago. Asegura que en canto se publicou esta transitoria da lei, recibiu decenas de consultas de familias, "ás que tivemos que informar de que en Galicia non se pode", que querían pedir a axuda "porque na práctica, non se cumpre o decreto e nalgúns centros públicos se imparte case todo en galego", sostén.
A presidenta de Galicia Bilingüe recoñece sen reparo que ten "constancia" de que nalgúns centros privados "se incumpre o decreto e se imparten as materias só en castelán". E malia que asegura que moita xente lle pregunta por que non o denuncia, explica que non o fará "mentres non prexudique a ninguén, porque é unha faena,". "Tampouco denunciamos, pola mesma razón, a algún centro que sabemos que imparte todo en galego", aduce.
Galicia Bilingüe asinou con entidades de Cataluña contrarias á inmersión lingüística un recurso contra este decreto da Lomce. No caso de Galicia, sosteñen os asinantes que "aínda que actualmente se pode estudar algunha materia en castelán" -o 50% das materias, segundo a lexislación autonómica-, os alumnos "poderían verse afectados" se se producise "algún cambio normativo" que primase a normalización lingüística.

Ningún comentario:
Publicar un comentario