Xa está en marcha a
segunda convocatoria do Premio á conta 2016, dirixido a
salientar e visualizar os usuarios de Twitter que aposten polo galego
na rede social. Igual que a primeira edición, o dito concurso
vén de iniciativa Twitter
en Galego, sendo o seu obxectivo último promover o uso do noso
idioma nos novos servizos 2.0 de comunicación. Os encargados de
achegar as candidaturas para o galardón serán os usuarios de
Twitter. O concurso comezou o 26 de abril e rematará o 17 de maio
(Día das Letras Galegas). A dia de hoxe aínda está en activo a
fase de “escolma”. É dicir, o traballo de “apañar” as
propostas que sexan achegadas polos membros da comunidade Twitter
mediante un formulario ao
que poden acceder na web do concurso. Esta fase estenderase até
o 7 maio.
O segundo “apartado”
ten que ver coa valoración. Nela, un xurado establecido polos
responsábeis do certame escollerá a que ao seu xuízo sella a conta
de Twitter máis destacábel. Poderán concorrer na actividade “todas
aquelas contas que empreguen a lingua galega na maioría das súas
publicacións”, ou sexa aquelas “que superen a porcentaxe do 80%
do noso idioma nas súa comunicacións co mundo”. Por outra banda,
non entrarán na recta final as propostas de contas que acubillen
contidos discriminatorios ou que inciten á violencia en calquera das
súas manifestacións.
O premio será de
“carácter meritorio”, máis a organización avanza que haberá
“unha pequena recompensa”: un miúdo espazo propio na web de
Twitter en Galego durante un ano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario