Xosé-Henrique Costas, director do departamento de Filoloxía Galega da
Universidade de Vigo e especialista en Sociolingüística e Dialectoloxía
das falas exteriores do galego, é o autor de Os xentilicios de Galicia e doutros territorios de lingua galega, un libro para o emprego correcto dos xentilicios.
Como nace o libro?
Nace hai anos, por un cabreo prolongado que xorde ao mirar no periódico ou ao escoitar na radio animaladas cos xentilicios. Moitas veces, xornalistas ou cronistas inventan xentilicios, pois pensa que o 90% dos topónimos carece de xentilicio. Cal é o xentilicio dun señor de Teis ou dunha señora de Labañou? O que hai son os ditados tópicos, os alcumes colectivos. Aos de Sanxenxo chamábaselles lilainos. Iso haino por todas as partes, pero xentilicios derivados do topónimo hai moi poucos. Agora mediaticamente parece que é moi relevante empregar xentilicios, pero estamos inventándoos cunha pretensión moi culta, falsamente culta, e cunha pretensión castelanizante. Parece mentira que despois de 30 anos de termos os topónimos unicamente en galego por lei, os xentilicios que alimentan os comunicadores estean totalmente acastrapados.
Aparecen nos medios palabras como “forcaricenses”, como se se aludise a un inexistente Forcariz (no canto de Forcarei) ou “buenense” para se referir a unha persoa de Bueu (de onde sae ese “-n”?). Ou, de súpeto, a un de Vilanova de Lourenzá chámaselle “lorentino”. Eses xentilicios están mal inventados, sen ningún tipo de corrección. É como o emprego de “focense” para se referir a unha persoa de Foz, que é focega de toda a vida. Ou o mesmo acontece con “chairense”, no canto de chairego. O Faro de Vigo, cando a Academia decidiu dedicarlle o Día das Letras 2016 a Manuel María, escribiu unha noticia sobre o autor “chairense”. Temos medo a que chairego soe moi galego. O mesmo acontece con “ancarino”, en lugar de ancarés. Inventos como “rosalino”, en vez de rosaleira, son creados por obra e gracia do correspondente dun medio nunha comarca. Neste caso do Faro de Vigo en Tui. Están a esmagarse os poucos xentilicios galegos populares e créanse xentilicios con base no castelán, como os acabados en –eño: baltareño, que así soa moi madrileño.
Dedícaslle o libro á veciñanza de Porto, nas Portelas de Zamora. Por que?
Porque La Opinión de Zamora insiste en chamarlles aos veciños do Porto “porteños”, cando son portexos. O propio alcalde, do PP, tense dirixido á prensa para lle indicar que son portexos e non porteños. Porteños son os de La Plata, os arxentinos. Pero a prensa de Zamora segue empeñada en utilizar porteños. Portexos resúltalle moi galego.
Forman xentilicios sufixos como –ego, -án, -exo, -ao… Recollo e tamén propoño para moitos topónimos formas derivadas a partir do galego, con sufixos populares. Inclúo no libro un catálogo final de topónimos municipais e comarcais dos territorios de lingua galega de Galiza e de fóra do territorio administrativo de Galiza. Estradense, por exemplo, está mal construído. Se se escolle a forma culta, debería construírse sobre o étimo, Estrata, polo tanto, sería estratense. De construírse sobre Estrada, debería ser estradao. O problema é que co paso do tempo este tipo de xentilicios se pon en circulación e empezan a verse nomes de clubs deportivos ou de empresas co xentilicio mal formado e agora son difíciles de erradicar. Mesmo a prensa en galego chegou a copiar xentilicios acastrapados. Aínda lembro un titular en A Nosa Terra no que se empregaba “buenense” para se referir ás corridas de touros que querían organizar en Massó. Tes outro exemplo con Sanxenxo, ao que me refería antes. Alí nunca houbo xentilicio, existía o alcume colectivo lilaino; pois, de súpeto, El Diario de Pontevedra e El Correo Gallego comezan a escribir “sanxenxino”, que “queda muy fino”. O normal, nese caso, sería adoptar a forma –eiro. De Rianxo, rianxeiro. De Sanxenxo, sanxenxeiro… pero soa tan “gallego, que es horroroso”.
E diante destes inventos, que propós?
Se queremos inventar, é mellor que inventamos sobre o étimo, coas formas cultas –ense ou –ino, ou sobre a forma actual, cos sufixos populares que citei antes, que é a fórmula que escollo. O que se adoita facer é utilizar –ense e –ino sobre a forma actual e non sobre o étimo. Aí é onde se dan a man o castelanismo e o cultismo.
A que aínda hai quen ten o galego estigmatizado. Refírome a xornalistas, comunicadores, axentes turísticos… Non teñen máis remedio que usar o topónimo galego pero á hora de crear un xentilicio queren que quede moi fino, pedante, excelso… E tiran do -ense. O popular, os sufixos –án, -ao, -exo... sóalles como moi rústico. Hai certa dirección ideolóxica ao darlle veneración e prestixio ao xentilicio empregando fórmulas castelanizantes. A prensa, ao escribir sobre Michel Salgado (un dos seleccionadores de Galiza) tense referido a el como “el lateral nievense”. Será nevés ou, se se prefire o cultismo, nivense, mais nunca “nievense”. Aprovéitase o xentilicio como desculpa para volver ao castelán. Tamén teño lido “foucense”, no canto de foucego; barquense, en lugar de valdeorrés; ou fisterrino en lugar de fisterrán.
Terás moitos amigos na prensa…
(Ri) Poño nomes e apelidos, e tamén o nome dos medios que escriben esas burradas. Agora empézase a ler no Faro “alcalde salcediense”, para se referiren ao rexedor de Salceda de Caselas, ou lese en El Progreso “saviñádigos" para se referir aos habitantes do Saviñao. O triste é que estas fórmulas mal creadas pasan aos programas de festas e a outros documentos. De feito, iso acaba por pasar ao galego. Se buscas xentilicios galegos na rede repítense burradas. Cópianse unhas páxinas a outras e iso despois acaba pasando á escola. O outro día aínda escoitei “piedrafiteño” en Radio Vigo-Cadena Ser. E falando de Vigo. O xentilicio en plural é vigueses e non viguenses. Se se quere empregar o xentilicio en culto hai que facelo sobre o étimo, Vicus, polo que debería ser vicense. De Vigo, vigueses ou de Vicus, vicenses.
A Academia ten un Seminario de Onomástica que igual que sentou base para a toponimia oficial galega, debería sentar base para os xentilicios.Debemos crear nós os xentilicios cos nosos sufixos populares antes de que inventen disparates alleos. A Academia non dixo polo de agora “esta boca é miña”.
É a toponimia galega máis rica que a doutros territorios próximos?
Moitisímo máis. No terreo da Gallaecia histórica temos un terzo de toda a toponimia da península. Temos 40.000 topónimos referidos a poboacións. Pensa que ocupamos todo a territorio da Gallaecia desde o Paleolítico e nomeámolo todo: o territorio onde había unha fonte, unha cova… Temos un banco mundial de topónimos.
Pois o de A Cañiza, que debería ser A Caniza, de cana. De feito, a Comisión Toponímica do Goberno galego informou o Consello da Xunta de que a forma correcta debería ser A Caniza, mais tanto o alcalde de antes como o de agora din que ten que ser La Cañiza. Tamén apuntaría o caso de Manzaneda, que debería ser Maceda de Trives. Manzaneda é o nome dunha empresa que explota unha estación de esquí en Cabeza grande. Por certo, a montaña é Cabeza grande, non Cabeza de Manzaneda. En toda a documentación medieval aparece Maceda e non Manzaneda. Hai tempo que lles enviei unha carta aos dous rexedores, que se din nacionalistas (un de CxG e outro de Anova), para que se puxesen de acordo co fin de que se denominasen os concellos Maceda de Limia e Maceda de Trives. Nin me responderon. Tamén lles teño escrito a xornalistas correspondentes nas comarcas que inventan xentilicios acastrapados e tampouco recibín resposta ningunha.

"Forcaricense", "buenense", "lorentino", focense", "ancarino", "rosalino", "baltarelo" ou "chairense" son algúns dos exemplos tirados da prensa por Henrique CostasA cales te refires?
Aparecen nos medios palabras como “forcaricenses”, como se se aludise a un inexistente Forcariz (no canto de Forcarei) ou “buenense” para se referir a unha persoa de Bueu (de onde sae ese “-n”?). Ou, de súpeto, a un de Vilanova de Lourenzá chámaselle “lorentino”. Eses xentilicios están mal inventados, sen ningún tipo de corrección. É como o emprego de “focense” para se referir a unha persoa de Foz, que é focega de toda a vida. Ou o mesmo acontece con “chairense”, no canto de chairego. O Faro de Vigo, cando a Academia decidiu dedicarlle o Día das Letras 2016 a Manuel María, escribiu unha noticia sobre o autor “chairense”. Temos medo a que chairego soe moi galego. O mesmo acontece con “ancarino”, en lugar de ancarés. Inventos como “rosalino”, en vez de rosaleira, son creados por obra e gracia do correspondente dun medio nunha comarca. Neste caso do Faro de Vigo en Tui. Están a esmagarse os poucos xentilicios galegos populares e créanse xentilicios con base no castelán, como os acabados en –eño: baltareño, que así soa moi madrileño.
Dedícaslle o libro á veciñanza de Porto, nas Portelas de Zamora. Por que?
Porque La Opinión de Zamora insiste en chamarlles aos veciños do Porto “porteños”, cando son portexos. O propio alcalde, do PP, tense dirixido á prensa para lle indicar que son portexos e non porteños. Porteños son os de La Plata, os arxentinos. Pero a prensa de Zamora segue empeñada en utilizar porteños. Portexos resúltalle moi galego.
"El Diario de Pontevedra e El Correo Gallego comezan a escribir “sanxenxino”, que “queda muy fino”. O normal, nese caso, sería adoptar a forma –eiro. De Rianxo, rianxeiro. De Sanxenxo, sanxenxeiro"Como se forma un xentilicio?
Forman xentilicios sufixos como –ego, -án, -exo, -ao… Recollo e tamén propoño para moitos topónimos formas derivadas a partir do galego, con sufixos populares. Inclúo no libro un catálogo final de topónimos municipais e comarcais dos territorios de lingua galega de Galiza e de fóra do territorio administrativo de Galiza. Estradense, por exemplo, está mal construído. Se se escolle a forma culta, debería construírse sobre o étimo, Estrata, polo tanto, sería estratense. De construírse sobre Estrada, debería ser estradao. O problema é que co paso do tempo este tipo de xentilicios se pon en circulación e empezan a verse nomes de clubs deportivos ou de empresas co xentilicio mal formado e agora son difíciles de erradicar. Mesmo a prensa en galego chegou a copiar xentilicios acastrapados. Aínda lembro un titular en A Nosa Terra no que se empregaba “buenense” para se referir ás corridas de touros que querían organizar en Massó. Tes outro exemplo con Sanxenxo, ao que me refería antes. Alí nunca houbo xentilicio, existía o alcume colectivo lilaino; pois, de súpeto, El Diario de Pontevedra e El Correo Gallego comezan a escribir “sanxenxino”, que “queda muy fino”. O normal, nese caso, sería adoptar a forma –eiro. De Rianxo, rianxeiro. De Sanxenxo, sanxenxeiro… pero soa tan “gallego, que es horroroso”.
E diante destes inventos, que propós?
Se queremos inventar, é mellor que inventamos sobre o étimo, coas formas cultas –ense ou –ino, ou sobre a forma actual, cos sufixos populares que citei antes, que é a fórmula que escollo. O que se adoita facer é utilizar –ense e –ino sobre a forma actual e non sobre o étimo. Aí é onde se dan a man o castelanismo e o cultismo.
"Hai certa dirección ideolóxica ao darlle veneración e prestixio ao xentilicio empregando fórmulas castelanizantes"A que se debe isto?
A que aínda hai quen ten o galego estigmatizado. Refírome a xornalistas, comunicadores, axentes turísticos… Non teñen máis remedio que usar o topónimo galego pero á hora de crear un xentilicio queren que quede moi fino, pedante, excelso… E tiran do -ense. O popular, os sufixos –án, -ao, -exo... sóalles como moi rústico. Hai certa dirección ideolóxica ao darlle veneración e prestixio ao xentilicio empregando fórmulas castelanizantes. A prensa, ao escribir sobre Michel Salgado (un dos seleccionadores de Galiza) tense referido a el como “el lateral nievense”. Será nevés ou, se se prefire o cultismo, nivense, mais nunca “nievense”. Aprovéitase o xentilicio como desculpa para volver ao castelán. Tamén teño lido “foucense”, no canto de foucego; barquense, en lugar de valdeorrés; ou fisterrino en lugar de fisterrán.
Terás moitos amigos na prensa…
(Ri) Poño nomes e apelidos, e tamén o nome dos medios que escriben esas burradas. Agora empézase a ler no Faro “alcalde salcediense”, para se referiren ao rexedor de Salceda de Caselas, ou lese en El Progreso “saviñádigos" para se referir aos habitantes do Saviñao. O triste é que estas fórmulas mal creadas pasan aos programas de festas e a outros documentos. De feito, iso acaba por pasar ao galego. Se buscas xentilicios galegos na rede repítense burradas. Cópianse unhas páxinas a outras e iso despois acaba pasando á escola. O outro día aínda escoitei “piedrafiteño” en Radio Vigo-Cadena Ser. E falando de Vigo. O xentilicio en plural é vigueses e non viguenses. Se se quere empregar o xentilicio en culto hai que facelo sobre o étimo, Vicus, polo que debería ser vicense. De Vigo, vigueses ou de Vicus, vicenses.
"A Academia ten un Seminario de Onomástica que igual que sentou base para a toponimia oficial galega, debería sentar base para os xentilicios"Que se pode facer ante isto?
A Academia ten un Seminario de Onomástica que igual que sentou base para a toponimia oficial galega, debería sentar base para os xentilicios.Debemos crear nós os xentilicios cos nosos sufixos populares antes de que inventen disparates alleos. A Academia non dixo polo de agora “esta boca é miña”.
É a toponimia galega máis rica que a doutros territorios próximos?
Moitisímo máis. No terreo da Gallaecia histórica temos un terzo de toda a toponimia da península. Temos 40.000 topónimos referidos a poboacións. Pensa que ocupamos todo a territorio da Gallaecia desde o Paleolítico e nomeámolo todo: o territorio onde había unha fonte, unha cova… Temos un banco mundial de topónimos.
"Hai tempo que lles enviei unha carta aos dous rexedores, que se din nacionalistas (un de CxG e outro de Anova), para que se puxesen de acordo co fin de que se denominasen os concellos Maceda de Limia e Maceda de Trives"Que cambios curiosos de topónimos poderías apuntar?
Pois o de A Cañiza, que debería ser A Caniza, de cana. De feito, a Comisión Toponímica do Goberno galego informou o Consello da Xunta de que a forma correcta debería ser A Caniza, mais tanto o alcalde de antes como o de agora din que ten que ser La Cañiza. Tamén apuntaría o caso de Manzaneda, que debería ser Maceda de Trives. Manzaneda é o nome dunha empresa que explota unha estación de esquí en Cabeza grande. Por certo, a montaña é Cabeza grande, non Cabeza de Manzaneda. En toda a documentación medieval aparece Maceda e non Manzaneda. Hai tempo que lles enviei unha carta aos dous rexedores, que se din nacionalistas (un de CxG e outro de Anova), para que se puxesen de acordo co fin de que se denominasen os concellos Maceda de Limia e Maceda de Trives. Nin me responderon. Tamén lles teño escrito a xornalistas correspondentes nas comarcas que inventan xentilicios acastrapados e tampouco recibín resposta ningunha.
Ningún comentario:
Publicar un comentario