As anpas consideran "inútiles" unhas probas que "provocan un estrés innecesario" nos escolaresXa o pasado ano, na proba de 3º de Primaria que se estreara daquela, o "boicot" ao que chamaran algúns sindicatos e as propias anpas provocara un absentismo do 30% segundo a Xunta e de ata case o 60% segundo os datos da Confapa. A postura das asociacións de nais e pais "continúa a ser a mesma".
Confapa Galicia leva xa uns días organizando charlas informativos nas diferentes anpas, ademais de ter enviado cartas tanto ao Consello Escolar de Galicia como ás distintas xefaturas territoriais de Educación e ao propio conselleiro. Volve preguntar, como fixera o ano pasado, cales son os obxectivos destas reválidas e que medidas se derivarán delas. Pero non hai resposta. "Nin agora nin desde hai un ano", explica Helena Gómez, presidenta da Confederación. Ao non recibir unha contestación, envíaselle un documento aos pais para que aclaren aos centros que non autorizan os seus fillos a facer a proba pero desde a Xunta acláraselles que calquera alumno que vaia a clase terá que levala a cabo.
A Confapa facilita un documento aos pais para que avisen ao colexio de que non autorizan os seus fillos a facer a proba"Non promovemos o absentismo escolar, pero os nenos non se van enfrontar cos profesores, así que o único xeito de que non fagan a reválida é non acudir ás aulas", explica Gómez, que é consciente das dificultades para os pais que están de acordo coa protesta á hora de conciliar. "É complicado, pero se teñen que ser tres días de ausencia, serán", di.
Desde a Federación de Anpas Galegas, o seu vicepresidente, Fernando Lacaci, tamén é claro. "Ante as declaracións da Consellería de Educación, na que explica que a proba non terá valor académico nin contará para o expediente, a resposta é que os alumnos non teñen por que ir", explica quen asegura que se o obxectivo é "avaliar os centros para determinar as necesidades do colexio", a alternativa xa existe. "Xa hai equipos directivos ben competentes que trasladan as súas necesidades sen necesidade de someter os pequenos a un estrés innecesario", di. "Séntense como se se estivesen xogando algo moi importante", insiste Helena Gómez.
"Recomendamos ás familias que non mande os filos ao centro escolar", explican desde a Federación de Anpas Galegas"Nós recomendamos ás familias que non manden os fillos ao centro eses días", insiste Lacaci, que recoñece tamén as "dificultades dos pais para conciliar" ante unhas probas que duran dous e tres días. Para as anpas, o feito de que a Xunta insista en que as reválidas non suporán efectos académicos nin ránking de colexios é unha razón máis para que os alumnos non as realicen.
Segundo debullou a Xunta, as probas levaranse a cabo en 800 centros públicos, concertas e privados e inclúen unha avaliación sore competencia matemática e lingüística á que se engade, na de 6º, inglés e ciencia e tecnoloxía. Serán profesores do colexio, pero non dos alumnos implicados, os que corrixan as reválidas, para logo a Consellería levar a cabo unha segunda corrección aleatoriamente co obxectivo de garantir a correcta aplicación do proceso.
Este mesmo mércores, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrarase ás 11:15 horas diante da Consellaría de Educación en San Caetano para "amosar o seu rexeitamento á Lomce e á realización das reválida de 6º de Primaria e a proba de 3º".
Mentres en Galicia son as anpas, os sindicatos e as plataformas en defensa do ensino público as que promoven o boicot ás probas, noutras comunidades autónomas son os propios gobernos os que se negan a levalas a cabo. Euskadi, Navarra e Canarias non realizarán a de 6º e outras catro autonomías xa a teñen recorrido ante o Tribunal Supremo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario