martes, 26 de abril de 2016

En Galicia hai máis profesores maiores de 60 anos que menores de 30

UXT alerta que na próxima década terá que producirse unha renovación “substantiva no corpo docente" para non evitar escaseza de profesorado.

Galicia envellece, pero tamén envellece a poboación docente. Na actualidade hai xa máis profesores maiores de 60 anos que menores de 30. E o maior número de docentes, con diferenza, son aqueles que xa superan os 50 anos.
Esta é unha tendencia semellante ao conxunto do Estado e provocada pola crise xa que nos últimos anos limitouse a oferta de emprego público, especialmente, no sector educativo. Hoxe só un 5,2 % deste colectivo ten menos de 30 anos, unha cifra que en Galicia se reduce até o 3,55%.
Mentres o número de profesores de menos de 30 anos baixou practicamente á metade nos últimos anos, no curso 2013-14 houbo un aumento dos profesores de entre 50 a 59 anos.  Así, se se compara o curso 2006-07 co de 2013-14 apréciase que nos tramos de idade de menos de 30 anos o número de docentes descendeu practicamente á metade. Pero en 2013-14 aumentou o profesorado de 50 a 59 anos con respecto ao 2006-07.

Así, en Galicia, o número de docentes menores de 30 anos é de 1.062, fronte aos 1.702 que ten entre 60 e 64 anos. Os máis numerosos son os que teñen de 50 a 59 anos, 10.599 e despois os que teñen de 30 a 39, 9.594, pero nunha cifra moi semellante aos que están inmediatamente superior. E é que os docentes entre os 40 e 49 anos son 6.924.
Por comunidades autónomas o descenso do número de profesorado novo nos cursos citados é rechamante pois só en Navarra e País Vasco subiu a súa porcentaxe. En Asturias a cifra descende lixeiramente e no resto de comunidades o descenso é significativo, chegando a máis da metade en Castela-a Mancha, Baleares, Murcia e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla. Respecto ao número de profesorado nos tramos de maior idade, aumenta en practicamente todas as autonomías.
"Na próxima década terá que producirse unha renovación substantiva no corpo docente", pois de non corrixirse a actual situación haberá escaseza de profesorado e o envellecemento acelerado do actual", avisa a Federación do Ensino de UXT, que fixo un estudo comparativo respecto diso entre os cursos 2006-07 e 2013-14.
O secretario xeral de Educación deste sindicato, Carlos López Cortinas, destaca que desde 2012, co decreto de racionalización do gasto público, os profesores víronse "moi afectados" polas escasas taxas de reposición.

No informe titulado "A poboación docente envellecida", UXT conclúe que no curso 2013-14, ademais da escasa porcentaxe de profesorado menor de 30 anos (5,18 %), o 29,02 % estaban en idades comprendidas entre os 30 e 40 anos, o 30,51 % incluíase no grupo de 40 a 50 anos e, finalmente, o 35,06 % contaba con máis de 50 anos.
Ademais, nos próximos dez anos xubilaranse 167.246 profesores (o 35 %), polo que se deberá producir unha "renovación substantiva" dos profesionais docentes, avisa UXT.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario