Terá lugar o xoves 14 de abril ás 12h na Praza de Galiza da Coruña en rexeitamento á sentenza ditada en Lugo contra o uso do galego na administración local.
A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis
de 600 colectivos sociais de todo tipo, anunciou hoxe novas
mobilizacións contra a sentenza do TSXG sobre a ordenanza de uso do
galego en Lugo, que "eliminou algúns aspectos fundamentais como o
dereito da cidadanía a recibir atención en galego por parte de servizos
contratados pola administración a empresas privadas".
O portavoz de Queremos Galego lembrou que a sentenza do TSXG" elimina o
dereito a utilizarmos o noso idioma con absoluta normalidade e a sermos
atendidos e informados en galego en servizos privatizados".
A plataforma asegura que Esta convocatoria diante da sede do TSXG de
rexeitamento á sentenza contra a ordenanza de uso do galego en Lugo,
estará acompañada dunha campaña que terá como acto central a
manifestación nacional convocada para o 17 de maio en Santiago
Ningún comentario:
Publicar un comentario