Manuel María sempre, en todo lado. O seu
respiro flúe con contundencia. Tamén a súa presenza é latido en todo
espazo cultural e literario para tódalas idades e pensamentos. Moi
poucos poden negar o inmenso encontro co poeta da Terra Chá, da Ribeira
Sacra e de tódalas Galizas posíbeis e irredentas, participando e
activando recursos para normalizar (normalizarnos) na portentosa Matria,
na que tantas veces non nos recoñecemos leais a ela; non resplandecemos
na luz das tradicións populares, na cultura, no idioma e no herdo que
desbotamos, converténdonos en simples asimilados de canons alleos. Mais
todas estas peculiaridades que nos definen como galegos, están no legado
reivindicativo da escrita de Manuel María.
O Día das Letras Galegas, do presente ano, dedicadas ao noso poeta, constitúe un dos eventos máis importantes a ter en conta como referencia a un dos nosos grandes escritores e humanistas que amou, defendeu e tripou terra en tódalas direccións dimensións de descuberta en pro dunha Galiza de seu. Denunciando as súas carencias e limitacións vindas das administracións públicas e de seus apéndices caciquís, con enxeños que materializaron degradación colonial. Manuel María é un manancial de transparencias e unha persoa coherente e emancipadora que nos conduce ao centro da palabra e que nos achega ao vital das causas nobres e nunca perdidas. Pola súa conducta de esixirse a si mesmo, no cumprimento de dar voz aos sen voz, e de crear canles literarios capaces de ordenar e mobilizar a conciencia da cidadanía en tempos de represión e pola liberdade do pobo galego.
Nunca podemos pagar as benquerenzas que Manuel tivo na reconstrución literaria e nacional de Galiza, e iso nótase en moitas frontes de adherencia nas homenaxes nas que a sociedade galega está respondendo dunha maneira plural a un escritor que dedicou a súa vida a comunicarnos tanta sensibilidade, contribuíndo dunha maneira emerxente á emancipación e descuberta dos atributos colectivos do pobo galego. A súa obra resplandece neste ano dedicado a el, mais aínda queda o legado xornalístico, máis de mil quiñentos artigos que se deben restituír e dar a luz, por consideralos de enorme interese e que parcela outra das materias públicas máis explícitas e interesantes da modalidade xornalística que moitos desexamos ver reeditada, para consolidar e unificar a súa obra completa. A inercia literaria ao redor de Manuel María, esa continúa.

Manuel María é un manancial de transparencias e unha persoa coherente e emancipadora que nos conduce ao centro da palabraPode que poucos lembremos un ano como este dedicado ao Día das Letras Galegas, desde a súa creación en 1963, con tanto esforzo de colaborar e facer presente unha sentida homenaxe a Manuel María, o noso inmorredoiro e impagábel escritor que tantas alternativas literarias proclamou. El foi un activo que deu batalla pola conquista de tantas causas xustas e por tantas dádivas que propiciou na literatura, en seus variados rexistros. Vemos como as escolas de todo Galiza, profesores e escolantes, intensifican esa gratitude a un dos escritores que fomentou a literatura infantil e xuvenil, dando corpo a un xénero bastante ausente nos medios escolares. Manuel María nos debuxos dos escolares é visto de tantas maneiras e enerxías que fomenta sentimentos nobres desde a aprendizaxe dos nenos que comezan a comprender o noso país e aos nosos escritores partindo dos valores que espallou o noso poeta.
Un ano de letras galegas e de beleza. A poesía é beleza e Manuel remitiunos a esencia dela, naturalizada na Galiza e que nos estimulou a precisar de seus donsUn ano de letras galegas e de beleza. A poesía é beleza e Manuel remitiunos a esencia dela, naturalizada na Galiza e que nos estimulou a precisar de seus dons. Por iso é posíbel o entusiasmo e o reencontro co poeta redencional, o que conectou e dialogou co pobo sen carencias e sen máscaras. O que non finxiu ante as mágoas dos desprezados e explotados. A Manuel María o encontramos vertebrando solidariedade comunal, ese legado restituído -en parte- no escenario de homenaxe do Día das Letras Galegas, con traballos e publicacións que restitúen a memoria e personifican a unha das voces mais auténticas e populares de Galiza.
Nunca podemos pagar as benquerenzas que Manuel tivo na reconstrución literaria e nacional de Galiza, e iso nótase en moitas frontes de adherencia nas homenaxes nas que a sociedade galega está respondendo dunha maneira plural a un escritor que dedicou a súa vida a comunicarnos tanta sensibilidade, contribuíndo dunha maneira emerxente á emancipación e descuberta dos atributos colectivos do pobo galego. A súa obra resplandece neste ano dedicado a el, mais aínda queda o legado xornalístico, máis de mil quiñentos artigos que se deben restituír e dar a luz, por consideralos de enorme interese e que parcela outra das materias públicas máis explícitas e interesantes da modalidade xornalística que moitos desexamos ver reeditada, para consolidar e unificar a súa obra completa. A inercia literaria ao redor de Manuel María, esa continúa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario