'O galego está en nós' é o lema da XVI edición da carreira pola lingua.
Esta terza feira (19 de abril) foi presentada en Pontevedra a XVI edición do Correlingua que
decorrerá baixo o lema 'O galego está en nós', inspirado nun dos poemas
de Manuel María, poeta ao que lle son dedicadas as Letras 2016.
Porén, as actividades arredor do Correlingua iniciáronse a comezos do curso escolar coa convocatoria de diversos concursos através dos que o estudantado "reflexiona sobre a situación do noso idioma e crea os seus propios argumentos (manifesto, vídeo, banda deseñada) para defender o seu dereito a vivir e medrar en galego", explican desde a organización.
Neste senso, no acto de presentación foron entregados os premios aos grupos de estudantes gañadores. O alumnado de 4º da ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo pola peza 'Os portugas' como mellor Manifesto; o alumnado de 3º da ESO do IES de Elviña na disciplina de vídeo e o estudantado de 2º de Primaria do CEIP de Pontecesures no certame de Banda Deseñada.
De maneira parella, o Correlingua desenvolve un concurso de bandas e artistas en lingua galega, o Cantalingua, cuxos gañadores, elixidos polo alumnado e profesorado de diversos centros, foron nesta edición Zënzar, Liviao de Marrao e Pito de Pikaso. Estes grupos actuarán na festa final coa que concluirán as carreiras pola lingua e da que fará parte tamén o grupo teatral Talía Teatro.
Tamén foi presentado o cartaz que, nesta edición, conta coa colaboración de caras coñecidas como a da cantante Sés, o futbolista Sergio Álvarez, a escritora Leticia Costas e o actor Federico Pérez
Zënzar, Liviao de Marrao e Pito de Pikaso actuarán ao final das carreiras após seren eleitas gañadoras do CantalinguaA campaña desenvolverá unha ducia de carreiras en defensa do galego que percorrerán doce localidades do país entre os días 2 e 16 de maio das que fará parte o alumnado de diversos centros educativos do país. O Correlingua está organizado pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Mesa pola Normalización Lingüística coa colaboración dos concellos de Pontevedra, Vigo, A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela e Ourense, e as Deputacións de Lugo, Pontevedra e a Coruña.
Porén, as actividades arredor do Correlingua iniciáronse a comezos do curso escolar coa convocatoria de diversos concursos através dos que o estudantado "reflexiona sobre a situación do noso idioma e crea os seus propios argumentos (manifesto, vídeo, banda deseñada) para defender o seu dereito a vivir e medrar en galego", explican desde a organización.
Neste senso, no acto de presentación foron entregados os premios aos grupos de estudantes gañadores. O alumnado de 4º da ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo pola peza 'Os portugas' como mellor Manifesto; o alumnado de 3º da ESO do IES de Elviña na disciplina de vídeo e o estudantado de 2º de Primaria do CEIP de Pontecesures no certame de Banda Deseñada.
De maneira parella, o Correlingua desenvolve un concurso de bandas e artistas en lingua galega, o Cantalingua, cuxos gañadores, elixidos polo alumnado e profesorado de diversos centros, foron nesta edición Zënzar, Liviao de Marrao e Pito de Pikaso. Estes grupos actuarán na festa final coa que concluirán as carreiras pola lingua e da que fará parte tamén o grupo teatral Talía Teatro.
Tamén foi presentado o cartaz que, nesta edición, conta coa colaboración de caras coñecidas como a da cantante Sés, o futbolista Sergio Álvarez, a escritora Leticia Costas e o actor Federico Pérez
Ningún comentario:
Publicar un comentario