A Plataforma galega en defensa do ensino público desenvolve una campaña para animar as familias a que rexeiten as reválidas de 3º e 6 º de Primaria.
A Plataforma galega en defensa do ensino
público convocou para esta cuarta feira unha cocnentración fronte a
Consellería de Educación para amosar o rexeitamento á Lomce e á
realización das reválida de 6º de Primaria e a proba de 3º. A
mobilización terá lugar ás 11:15 horas.
A Plataforma pediu hai uns días o amparo da Valedora do Pobo para que inste á Consellaría de Educación a paralizar a LOMCE e non realizar as reválidas. O secretario nacional de CIG-Ensino e membro da PGDEP, Anxo Louzao, manifestou entón que a LOMCE é unha lei rexeitada polo conxunto da sociedade como así o puxeron de manifesto as numerosas mobilizacións que esixiron a súa retirada. “É inaceptábel que a Consellaría de Educación pretenda seguir adiante coa súa aplicación cando todo indica que a LOMCE ten os días contados despois de que o Congreso ademais veña de aprobar una iniciativa para a súa paralización”, tal e como solicitara tamén a Plataforma nun escrito dirixido a todos os grupos do Congreso.
Durante as próximas semanas a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público desenvolverá una campaña para animar ás familias a que rexeiten as reválidas de 3º e 6 º de Primaria e que non envíen os seus fillos e fillas ese día ao centros. “

Ningún comentario:
Publicar un comentario