“Isto supón continuar a restrinxir os xa cativos cadros de persoal dos centros, tras a redución de 3.000 docentes desde o ano 2010”, afirma.
Desde o último concurso xeral de traslados, producíronse
en Galiza, segundo datos da propia Consellaría, 1948 xubilacións, mais só se
ofertaron 1372 vacantes para cubrir mediante o concurso convocado este curso,
no cal participaron preto de 9.000 docentes. A CIG-Ensino denuncia que deste
xeito Educación aproveita para seguir amortizando prazas escolares.
Unha vez publicada a adxudicación provisional do dito
concurso, constátase como a Consellaría aproveita de novo para continuar
amortizando prazas, ao deixar sen adxudicación moitas das resultas (vacantes
producidas como consecuencia de que ao seu titular se lle adxudique outro
destino). Na resolución provisional, entre as resultas non adxudicadas e as
amortizacións, as vacantes que desaparecen suman un total de 462, das cales 194
son de primaria, 236 do corpo de secundaria e 33 do profesorado técnico de
formación profesional (Ver cadro anexado)
A CIG-Ensino denuncia que a intención da Consellaría con esta política de persoal de non cubrir todas as vacantes no CXT non é outra que “amortizar parte delas no futuro e ter un colectivo importante de profesorado provisional que lle sirva de comodín e que cada curso coloca ao seu antollo, asignándolle moitas veces prazas con máis materias afíns”.
Para a CIG-Ensino, isto supón continuar a restrinxir os xa cativos cadros de persoal dos centros, despois da redución de 3.000 docentes desde o ano 2010, “acrecentando a provisionalidade e a inestabilidade do profesorado dos centros, cando hoxe xa o 20% do profesorado dos centros non ten destino definitivo e non se satisfán as necesidades dos centros”.
Xunto a isto denuncia a ausencia de negociación real, habitual nas xefaturas territoriais da Coruña e Pontevedra, xa que “só se limitaron a facilitar a listaxe das vacantes provisionais que teñen previsto sacar a concurso, das cales desapareceron centos de vacantes actuais, sen facilitar xustificación razoada do porqué de non ofertar a maioría delas”, afirma.
A
CIG-Ensino asegura que continuará exixindo que saian a concurso todas as vacantes que neste momento está creadas, funcionando e non cubertas por profesorado definitivo, nomeadamente na provincia da Coruña e Pontevedra, única maneira de estabilizar os cadros de persoal dos centros, de facilitar o desenvolvemento de diferentes programas, de mellorar a calidade do ensino e de satisfacer as necesidades dos centros.

|
Amortizacións-resultas non adxudicadas |
|
||
|
Primaria |
PES |
Prof. técnico FP |
|
A Coruña |
62 |
88 |
9 |
|
Lugo |
21 |
94 |
2 |
|
Ourense |
10 |
36 |
8 |
|
Pontevedra |
101 |
18 |
13 |
|
TOTAL |
194 |
236 |
32 |
462 prazas |
CIG-Ensino asegura que continuará exixindo que saian a concurso todas as vacantes que neste momento está creadas, funcionando e non cubertas por profesorado definitivo, nomeadamente na provincia da Coruña e Pontevedra, única maneira de estabilizar os cadros de persoal dos centros, de facilitar o desenvolvemento de diferentes programas, de mellorar a calidade do ensino e de satisfacer as necesidades dos centros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario