mércores, 13 de abril de 2016

Compostela vai receber as Jornadas de Inovaçom Educativa 'Palavrar a Língua'



O vindeiro sábado 16 de abril terán lugar en Compostela, no Museo do Pobo Galego, as "I Xornadas de Innovación educativa: PALAVRAR A LINGUA", no marco do convenio de formación asinado polo sindicato STEG coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Ao mesmo acudirá profesorado de toda Galiza, así como profesoras e profesores do País Vasco, Navarra, Cataluña, Asturias, Comunidade Valenciana e Illas Baleares.
Haberá exposición de experiencias innovadoras no eido da normalización por parte de Belén Escariz (Ceip Quintela de Moaña, Vigo) e de Pilar Ponte (IES Pobra do Caramiñal), unha mesa redonda sobre a situación do galego e as linguas minorizadas no contexto do Estado, unha ponencia sobre as Irmandades da Fala a cargo de Emilio Ínsua, un obradoiro de lusofonía a cargo de Carme Saborido, e pechará as Xornadas NARF, cun concerto musical.
Para inscrición: http://www.steg.gal/inscricion.asp?id=3294

Ningún comentario:

Publicar un comentario