Pasan máis de 10 horas semanais conectados e a maioría úsao para consultar as redes sociais ou chatear sobre o contido televisivo.
O 70% dos menores séntese perdido sen o seu teléfono móbil e o 76% considérao unha parte esencial da súa vida social, sendo o smartphone a súa principal fonte de distracción para unha maioría deles. Esta porcentaxe baixa ao 44% no caso dos mozos de entre 18 e 35 anos, segundo a actualización 2015 do estudo CCS propiedade de Carat.Pola súa banda, o 61% dos mozos de entre 18 e 35 anos e un 51% dos integrantes da xeración que vai dos 35 aos 40 anos consideran que o smartphone é unha parte esencial da súa vida social, limitándose ao 44% e 41% os integrantes destas xeracións que se senten perdidos sen o seu móbil.
En concreto, o smartphone é a principal fonte de entretemento dos menores de 18 anos (62%) e unha parte moi importante dos mozos de entre 18 e 35 anos (44%). Os mozos de 35 a 40 anos (34%) tamén o consideran así.
PERFIL DO USUARIO. Este estudo reflexa ademais que a xeración que máis accede a internet desde o teléfono móbil é a que engloba a mozos de entre 18 e 35 anos, cun 84%; seguida polos integrantes da xeración que vai dos 35 aos 40 anos (77%) e os menores de 18 (73%).
O 76% dos enquisados considera o smartphone a súa principal fonte de distracción e parte esencial da súa vidaDeste xeito, os mozos de entre 18 e 35 anos e os menores pasan máis de 10 horas semanais conectados a través do teléfono móbil e nos dous casos se converte no seu principal dispositivo de conexión, chegando a superar os dous terzos do tempo total de conexión no caso dos menores de 18 anos e máis da metade nos mozos de entre 18 e 35 anos.
Doutra banda, o estudo pon de manifesto que o 83% dos menores, o 80% dos mozos de entre 18 e 35 anos e o 70% da xeración que vai de 35 a 40 anos utilizan o seu smartphone de forma continuada cando están a ver a televisión.
REDES SOCIAIS. Respecto da actividade principal é en todos os casos consultar as redes sociais, seguida de chatear sobre o contido televisivo que están a ver, onde un 42% dos menores o fai, o 46% de mozos de entre 18 e 35 anos e o 27% dos que teñen entre 35 e 45 anos. En terceiro lugar neste ranking aparece entrar nun buscador para achar máis información sobre o que ven en televisión co 32% dos menores, o 44% dos mozos de entre 18 e 35 anos e o 33% dos que teñen entre 35 e 45 anos.
Así mesmo, un 88% da menores fronte ao 87% dos mozos de entre 18 e 35 anos e o 85% dos que teñen entre 35 e 45 anos úsano para facer fotos ou vídeos, seguido polo acceso do email nos mozos de entre 18 e 35 anos e a xeración que vai dos 35 aos 40 anos, as redes sociais e enviar mensaxes.
Para rematar, no caso dos menores de 18 anos o 71% deles declara que lles gusta ter o teléfono móbil máis moderno, sendo esa preferencia menor nos mozos de entre 18 e 35 anos (44%) e a xeración que vai dos 35 aos 40 anos (40%).
Ningún comentario:
Publicar un comentario