Vitae
Consultores e A Universidade de Vigo van organizar os días vindeiros
unha actividade sobre as posibilidades que ofrecen as follas de
cálculo de Microsoft en materia de analítica de datos. Falamos
do Curso Análise Avanzada da Información con Microsoft Excel, do
que xa podemos extraer información útil dende a web de Vitae e en
formato PDF. Celebrarase do 27 de maio ao 1 de xullo, na Escola
de Enxeñaría Industrial do Campus, e terá unha duración de 40
horas. Segundo sinalan dende Vitae acerca da temática do curso,
Microsoft Excel 2013 é unha ferramenta informática amplamente
empregada no mundo empresarial, tanto pola facilidade do seu uso como
polas prestacións que ofrece. “Esta actividade”, explica a
academia TIC, “permite obter os coñecementos avanzados para
analizar e tratar a información coa dita folla de cálculo de
Microsoft, versión 2013”.
Ademais,
entre os obxectivos da actividade formativa figuran os seguintes:
achegar coñecementos avanzados para o tratamento de listaxes de
formación (con fórmulas e funcións e simulacións avanzadas de
listaxes ou táboas de datos), fornecer información avanzada para
crear e modificar macros en Excel para a automatización de tarefas
con todos os programas de Office, e tamén subministrar os recursos
precisos para interpretar e entender a funcionalidade VBA, Visual
Basic for Aplicattions.
O
curso vai dirixido, en palabras de Vitae, a “calquera profesional
ou estudante que busque coñecer as técnicas e ferramentas para a
análise de datos coa folla de cálculo líder indiscutíbel durante
os últimos 20 anos”.
O
encargado de impartir os contidos será Carlos González Jardón, PMP
polo Project Management Institute dende febreiro de 2005, enxeñeiro
técnico en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo,
colexiado do CPETIG e arestora membro da compañía Tecnocom como
coordinador de Proxectos de Banca e Servizos PMO. Nos últimos anos
impartiu con Vitae Consultores máis de 30 accións formativas
relacionadas coa xestión de proxectos en diferentes empresas e
institucións académicas (Universidade de Vigo, Centro Tecnolóxico
Gradiant, Inditex, Centro de Investigación TIC-CITIC, Tecnocom,
Abanca, etc).
Ningún comentario:
Publicar un comentario