Os actos conmemorativos celebraranse este xoves na Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo.
A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo celebrara este xoves o Día da Terra 2016 cun acto académico que se desenvolverá a partir das 13.00 horas no salón de actos do centro universitario e no marco do que o director da EPS, Tomás Cuesta, presentará o concurso de maquetas de estruturas convocado polo centro e dará a coñecer as bases polas que se rexe este certame.O equipo de dirección da Escola Politécnica aproveitará a celebración deste acto académico para proceder á entrega de diplomas a enxeñeiros/as titulados o pasado curso na EPS e propostos polo centro universitario para ser distinguidos/as cos Premios Extraordinarios Fin de Carreira do curso 2014-15. Unha vez rematada esta sesión académica organizada co gallo da celebración do Día da Terra, unha comitiva representativa do alumnado do centro procederá á plantación de dúas plantas de alerce africano (Tetraclinis articulata) nos xardíns do centro.
Os actos conmemorativos do Día da Terra na Escola Politécnica Superior rematarán coa degustación duns petiscos financiados polos docentes, investigadores demais persoal do centro universitario lugués na cafetería da EPS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario