A Xunta púxolle data a estas probas que a comunidade educativa tilda de "calvario" e "innecesarias". Terán lugar os días 11, 12 e 13 de maio e 24 e 25 de maio.
Esta cuarta feira (20 de abril) a Plataforma
galega en defensa do ensino público convocou unha concentración perante a
Consellaría de Educación en San Caetano (Compostela).
Após coñecerse a data na que terán lugar as probas de etapa en Primaria, máis coñecidas como reválidas, desde a Plataforma chaman as familias a non levar o estudantado nesas datas aos centros. No concreto, os dias 11, 12 e 13 de maio e 24 e 25 de maio. Neste senso, lembran que o pasado ano "o 50%" do alumnado de 3º de Primaria non acudiu á escola para facer esta proba.
Conciliación
"Antes de pasar por algo improdutivo e estresante o mellor é que non pasen", acrecentou Fernando Laccaci, presidente da Confederación de ANPAS galegas quen explicou que "os pais deben saber que as reválidas non son obrigatorias nen para os país, nen para o alumnado" polo que coidou que coinciden en "días ideais" para non ir a aulas. Así as cousas, recoñecen que a Consellaría aproveita os problemas de conciliación para tirar mellores cifras de asistencia.
Propaganda
A respeito das declaracións do director xeral de Educación, Manuel Corredoira, nas que dixo que estas probas servirían para poder dotar aos centros de máis profesores no caso de que os resultados fosen maos e mesmo incorporalos en programas de mellora, Anxo Louzaou tildou de "propaganda" as súas afirmacións e acusouno de estar a recoñecer de facto a elaboración de rankings de centros a partir dos resultados.
"Non é preciso iso, o propio profesorado ten avaliado as necesidades que teñen os centros, cales son as deficiencias", dixo, "é preocupante que o diga un director xeral cando día a día se está a negar a dotación que se demanda desde os propios centros".

Anxo Louzao: "O propio profesorado ten avaliado as necesidades que teñen os centros, cales son as deficiencias"Segundo dixo en declaracións aos medios de comunicación o portavoz da Plataforma e secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, "as reválidas nada aportan ao proceso de ensino e aprendizaxe" ao tempo que ao configurárense a partir delas "rankings de centros" afóndase "nun ensino elitista e clasista" polo que exixen a "paralización e derrogación da LOMCE e consecuentemente das reválidas", sinalou pois "desautoriza o traballo diario do profesorado" e a "avaliación continua" no que coidan un "calvario" para o estudantado.
Conciliación
"Antes de pasar por algo improdutivo e estresante o mellor é que non pasen", acrecentou Fernando Laccaci, presidente da Confederación de ANPAS galegas quen explicou que "os pais deben saber que as reválidas non son obrigatorias nen para os país, nen para o alumnado" polo que coidou que coinciden en "días ideais" para non ir a aulas. Así as cousas, recoñecen que a Consellaría aproveita os problemas de conciliación para tirar mellores cifras de asistencia.
Fernando Laccaci: "A Consellaría xoga coa necesidade [de conciliación] das familias""Sabemos que a Consellaría xoga con esa necesidade das familias, non podemos dicirlle á xente que perda un posto de traballo ou un día laboral mais si que o tente como o fai nos 190 días que non son lectivos durante o curso escolar", subliñou.
Propaganda
A respeito das declaracións do director xeral de Educación, Manuel Corredoira, nas que dixo que estas probas servirían para poder dotar aos centros de máis profesores no caso de que os resultados fosen maos e mesmo incorporalos en programas de mellora, Anxo Louzaou tildou de "propaganda" as súas afirmacións e acusouno de estar a recoñecer de facto a elaboración de rankings de centros a partir dos resultados.
"Non é preciso iso, o propio profesorado ten avaliado as necesidades que teñen os centros, cales son as deficiencias", dixo, "é preocupante que o diga un director xeral cando día a día se está a negar a dotación que se demanda desde os propios centros".
Ningún comentario:
Publicar un comentario