"Antes de que fósemos modernas e falásemos do queer ela xa escribira vidas trans, lésbicas, fóra de ningún canon. Antes da reflexión sobre as reescritas ela regresara a Antígona, a Medea"A iniciativa naceu hai dous anos, buscando celebrar a figura dunha muller que contribuíra de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular. "Cando rabuñas na superficie patriarcosa, encontras unha chea de mulleres escribindo, cineando, gobernando", destacaban as integrantes de A Sega no seu primeiro aniversario.
No manifesto publicado coincidindo coa escolla de Queizán, e titulado Je suis, saliéntanse "os silencios, as exclusións, as insinuacións e as infamias que ela encheu de luz cunha voz firme e controvertido, total e iconoclasta. Case todos os séculos foron algo escuros para ela porque a sombra patriarcal non acepta francotiradoras". O texto conclúe que "nun momento no que as bandeiras, a egalitè-libertè-fraternitè, as nacións e os estados se usan adoito para calquera cousa menos para acabar co patriarcado, nosoutras, coma ela, facemos do noso cu un pandeiro e subvertemos o aberrante Je suis pola causa das mulleres. Porque se temos que ser alguén, seremos María Xosé Queizán ou non seremos ninguén".
Queizán sucede a Dorothé Schubarth e María Victoria Moreno no recoñecemento. A iniciativa naceu hai dous anos, buscando celebrar a figura dunha muller que contribuíra de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particularMaría Xosé Queizán (Vigo, 1939) publicou dez novelas, dende A orella no buraco (1965) ata a recente Son noxento (2015), pasando por Amantia (1984), Amor de Tango (1992) ou ¡Sentinela, alerta! (2002). Tamén seis poemarios, tres obras de teatro (por exemplo Antígona ou a forza do sangue, Premio Álvaro Cunqueiro en 1989), un guión cinematográfico (Prisciliano), varias traducións e unha decena de ensaios, con achegas moi importantes para a construción teórica e discursiva do feminismo galego. A muller en Galicia (1977), Escrita da certeza. Por un feminismo optimista (1995), Misoxinia e racismo na poesía de Pondal (1998), Anti natura (2008) ou Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros (2014) son bos exemplos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario