A Lomce, como titulamos na capa, é con efeito
unha lei zombi. Unha lei que neste momento se acha no limbo, sen apoios
nun Congreso que, dada a marcha das negociacións para a investidura,
talvez non teña tempo para a derrogar. Na Galiza, o PP, embora sexa
consciente de que a lei ten en contra á práctica totalidade da
comunidade educativa, está disposta a aplicala aínda que sexa só a
efeitos simbólicos, para mostrar a súa determinación política, á beira
do autoritarismo, de non dar un paso atrás na aplicación do seu
programa.
Esa lei zombi está hoxe entalada entre unha Xunta cega que a quer impor custar o que custar e o boicote activo no que están comprometidos a grande maioría das nais e dos pais -ben como tamén o profesorado- contra a reválida de sexto de primaria axendada para final de curso. En 2015 a comunidade educativa fixo fracasar a reválida de cuarto: todo apunta a que a historia se repetirá coa de sexto.
A Lomce sobrevivirá se finalmente naufragaren as conversas para a investidura e unha nova convocatoria electoral dese como resultado unha maioría da dereita española na Cámara, e aí incluímos a uns Ciudadanos cuxas críticas á lei son máis retóricas do que reais. Con independencia dos avatares políticos, a chave está en que a comunidade educativa continúe a dar a batalla co obxectivo de facer inviábel o desenvolvemento da lei.

Esa lei zombi está hoxe entalada entre unha Xunta cega que a quer impor custar o que custar e o boicote activo no que están comprometidos a grande maioría das nais e dos pais -ben como tamén o profesorado-Por que o PP non dá o brazo a torcer con esta lei? Porque para este partido é unha lei troncal: privatizadora -no modelo neoliberal o ensino, como a sanidade, son negocios, non dereitos-, patriarcal -mesmo coa segregación por sexos-, autoritaria -restrinxindo a participación de nais e pais, baleirando de funcións os consellos escolares- e españolizadora -invadindo o espazo competencial do goberno galego e procurando a imposición do español, e até do inglés, por cima da lingua nacional da Galiza.
A Lomce sobrevivirá se finalmente naufragaren as conversas para a investidura e unha nova convocatoria electoral dese como resultado unha maioría da dereita española na Cámara, e aí incluímos a uns Ciudadanos cuxas críticas á lei son máis retóricas do que reais. Con independencia dos avatares políticos, a chave está en que a comunidade educativa continúe a dar a batalla co obxectivo de facer inviábel o desenvolvemento da lei.
Ningún comentario:
Publicar un comentario