O sindicato lembra que desde 2010 o cadro de persoal reduciuse en máis de 3.000 docentes, así como que o 20% do profesorado dos centros non tend estino definitivo.
O concurso xeral de traslados (CXT) de profesorado é para a CIG-Ensino
unha “fonte inesgotábel de amortización de prazas nos centros
escolares”. Lembra a central que desde a última CXT, e segúndo dados da
Consellería, houbo en Galiza un total de 1.948 xubilacións. Mais no concurso convocado este curso (e no que tomaron parte perto de 9.000 docentes), só se ofertaron 1.372 vacantes.
“Observamos que a Consellaría aproveita de novo para continuar
amortizando prazas, ao deixar sen adxudicación moitas das resultas
(vacantes producidas como consecuencia de que ao seu titular se lle
adxudique outro destino)”.
Na resolución provisional, entre as resultas non adxudicadas e as amortizacións, as vacantes que desaparecen suman un total de 462, das cales 194 son de primaria, 236 do corpo de secundaria e 33 do profesorado técnico de formación profesional. Isto supón continuar a restrinxir os “xa cativos cadros de persoal dos centros”, despois da redución de 3.000 docentes desde o ano 2010, “acrecentando a provisionalidade e a inestabilidade do profesorado dos centros, cando hoxe xa o 20% do profesorado dos centros non ten destino definitivo e non se satisfán as necesidades dos centros”.
A intención da Consellaría con esta política de persoal, denuncia a central nacionalista, é amortizar parte delas no futuro e ter un colectivo importante de profesorado provisional que lle sirva de comodín e que cada curso coloca ao seu antollo, asignándolle moitas veces prazas con máis materias afíns.

Ningún comentario:
Publicar un comentario