Pola compra dun libro, os cidadáns recibirán un código para facerse cun dominio por 15 euros. O .gal segue a ser o dominio lingüístico europeo menos popular.
A Asociación puntoGAL e a Federación de Librarías de Galicia unen as súas forzas no próximo Día do Libro. O vindeiro sábado 23 de abril, pola compra dun libro as librarías colaboradoras regalarán unha fita marcadora cun código de desconto polo que o prezo finaldo rexistro dun .GAL será de 15€.
Na actualidade o puntoGAL anda en ao redor dos 50 euros. Por exemplo, unha dirección .gal en Dinahosting -a única empresa galega acreditada para vender dominios de Internet- custa 50,95. Polo tanto, esta promoción supón unha rebaixa de ao redor do 30%
Dinahosting suma o 68,2% da cota de mercado dos 3.002 dominios que arestora hai rexistrados no .gal, segundo datos de NTLDstats. PuntoGal celebra estes días ter xa 3.000
nomes rexistrados, “un logro de toda a sociedade galega”.
A Asociación puntoGAL promete máis “promocións sectoriais con asociacións culturais e así coma convenios con diferentes entidades para que a cultura en internet teña o apelido .GAL e ir, pouco a pouco, aumentando ese número de 3.000 dominios rexistrados ao que acabamos de chegar nestes días”.
Malia o significativo e mérito da cifra dos 3.000, o .gal segue a ter menos bastantes rexistros que outros dominios similares que naceron máis ou menos no mesmo tempo. Tal é o caso doutros identificadores culturais e lingüísticos europeos como o .eus (5.303), .scot (11.075), .bzh (5.667) ou cymru (5.734).
A campaña, que conta coa colaboración da Xunta a través de Galicia Calidade, foi presentada en rolda de prensa este mediodía en Santiago.
Ningún comentario:
Publicar un comentario