O
venres pasado realizouse a transmisión en directo, por streaming,
do quinto Concurso Lucus Intercentros. A retransmisión, que foi
seguida por máis de medio cento de persoas (dos sete institutos da
cidade de Lugo), foi posíbel grazas aos bolseiros e técnicos da
Fundación TIC (Deputación Provincial), dende o IES Muralla Romana.
O IES Virxe dos Ollos Grandes gañou o certame. Nel participaron alumnos de primeiro curso de Bacharelato dos sete
institutos públicos da capital. O obxectivo de Lucus Intercentros é
favorecer a interrelación alumnado-profesorado dos centros de ensino
de Lugo e facelo a través das plataformas tecnolóxicas.
Os
seguintes clasificados foron o IES Xoán Montes, no segundo posto;
IES Lucus Augusti, no terceiro e IES Leiras Pulpeiro, no cuarto.
Anxes Fole, Muralla Romana e San Xillao recibiron cadanseu accésit.
Na entrega de premios participou o deputado de Innovación e TIC,
Pablo Rivera.
A
xeito de agasallo, os tres primeiros equipos recibiron unha tableta
para cada un dos membros; o cuarto uns altofalantes, e os accésit
unha batería portátil. O equipo
de bolseiros e técnicos da TIC empregou catro cámaras para a
retransmisión en streaming,
difundida nas páxinas web da TIC e do IES Muralla Romana.
O
concurso, de formato dixital, desenvolveuse ao longo da mañá en
fases eliminatorias. Os sete equipos, formados por tres alumnos,
recibiron e deron resposta ás preguntas de cultura xeral tipo test,
a través de computadores.
Con
esta iniciativa, os alumnos do ciclo de Administración e Xestión do
IES Muralla Romana, coa achega do departamento de Informática, poñen
en práctica o currículo de asistencia á dirección na organización
de eventos e actos públicos
A
Fundación TIC colabora co IES Muralla Romana na difusión do Lucus
Intercentros, dende a súa primeira edición, no ano 2012. A
achega é froito do convenio que ambas entidades manteñen para
completar a formación práctica dos alumnos da EIS, e promover as
ensinanzas que imparte o instituto lucense.
A
Deputación de Lugo informou tamén que os estudantes do IES editarán
un DVD coas imaxes gravadas durante o streaming,
que se entregará aos centros educativos da capital co fin de
divulgar o certame educativo. No certame, amais da TIC,
colaboraron a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, e
o CIFP Politécnico de Lugo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario