A UDC destina este ano 18.000 euros para financiar teses de doutoramento, proxectos de fin de carreira e traballos de fin de grao e mestrado en galego.
O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (UDC) vén de abrir a convocatoria de axudas á investigación en lingua galega do ano 2016 para teses de doutoramento, proxectos de fin de carreira e traballos de fin de grao e mestrado.A UDC destinará un total de 18.000 euros para promover a investigación e a realización de traballos en lingua galega, ademais, o Servizo ofrece asesoramento lingüístico a todos os interesados.
Así mesmo, ábrese o prazo de inscrición para o curso en liña de “Actualización de competencias lingüísticas“ para o persoal docente e investigador da UDC.
Os interesados, cun límite máximo de corenta, poderán apuntarse ata o día 25 de abril. O obxectivo do curso é incrementar o uso e a calidade da docencia en galego, de conforme ao establecido no Plan de normalización lingüística da UDC.
Ningún comentario:
Publicar un comentario