O alumando dos obradoiros do proxecto Lingua Viva poñerán en escea unha peza baseada na obra “Unha vez foi o trebón” do escritor chairego.
A lingua galega “vive” en Lugo grazas aos estudantes que participan nun programa da Vicepresidencia da Deputación de Lugo adicado a Manuel María, escritor ao que se lle adica o Día das Letras Galegas.O Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, presentou a terceira edición do Lingua Viva, un proxecto que contempla obradoiros de teatro e danza para difundir a obra do escritor chairego e dignificar a lingua do país.
“É un proxecto aberto, anovador e flexible co que queremos contribuír neste Ano Manuel María ao coñecemento e difusión das diferentes facetas que desenvolveu o escritor chairego, quen é coñecido pola súa dimensión de poeta, mais que tamén explorou outras facetas como a dramaturxia” suliñou Ferreiro durante a presentación.
O prazo de inscrición ábrese o xoves 14 de abril e rematará o xoves 21 de abril, incluído. As persoas que desexen participar poden informarse das datas e horarios na Área de Cultura da Deputación de Lugo e deberán inscribirse no rexistro da Deputación, cubrindo o formulario que estará a disposición do público na web v1deputacionlugo.gal, chamando ao 982-260-180 ou no e-mail ana.culturaedeporte@deputacionlugo.org. Haberá obradoiros de teatro e danza para todas as idades, para nenas e nenos desde os 8 anos e para público adulto de todas as idades, comezando o 25 de abril que se prolongarán durante o mes de maio, ata o 17 de maio. Así mesmo, destaca tamén o feito de que haberá un grupo de traballo específico co grupo de teatro amador Down Lugo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario