Este mércores presentouse no Consello da Cultura o informe
A divulgación da ciencia en Galicia,
coordinado por Xurxo Mariño, que analiza a difusión que se realiza
tanto en medios de comunicación, como en museos e outro tipo de
institucións.
Destácase a "variedade extraordinaria de
propostas", pero sinálanse igualmente eivas, coma os problemas de
financiamento e a "escasa" presenza nos medios. As conclusións foron presentadas no marco da xornada
A divulgación da ciencia en Galicia,
que incluíu a presentación de catro iniciativas concretas de difusión
do coñecemento científico, a cargo de Jorge Mira, Deborah García, Manuel
Vicente e Borja Tosar.
Destácase a "variedade extraordinaria de propostas", pero sinálanse
igualmente eivas, coma os problemas de financiamento e a "escasa"
presenza nos medios
O informe é
resultado dun ano de traballo dun equipo
interdisciplinar de científicos, xornalistas, profesores de ensino medio
e outros expertos integrada por Paulino Estévez Alonso, Ánxela
Bugallo Rodríguez, Iolanda Fernández Casal, Antonio Fernández Oca, Xosé
Antón Fraga Vázquez, Pablo Ramil Rego, Julio Rodríguez Tabeada, Silvia
López Ben, Xurxo Mariño Alfonso e Jorge Mira Pérez, baixo a coordinación
de Francisco Díaz-Fierros.
Luces e sombras
Entre os aspectos máis positivos destácase o traballo dos museos de ciencia
As case 400 páxinas do informe revelan as virtudes e as eivas da comunicación e divulgación do coñecemento en Galicia.
Entre os aspectos máis positivos destácase o traballo dos museos de ciencia,
que "cumpren un importante labor na divulgación actual da ciencia como
centros de referencia polo seu rigor, pola capacidade de atracción de
todo tipo de público e como núcleos a partir dos cales se desenvolven
moitas actividades ademais das directamente relacionadas cos seus
fondos". Aínda que, iso si, sinálase que "están todos espallados pola
provincia da Coruña excepto o Museo do Mar de Vigo, reflectindo un claro
desequilibro no acceso que escolares e outros visitantes teñen a este
tipo de centros". E, ademais, "teñen un vínculo feble cos labores de
investigación". Alértase igualmente de que "o prestixio dentro e fóra de
Galicia" dos
Museos Científicos Coruñeses podería estar en risco polos recortes orzamentarios sufridos nos últimos ano.
Apenas o 2,5% da superficie total dos xornais impresos está dedicado á
ciencia e en poucos casos contan con seccións específicas
En canto aos medios de comunicación, aparecen moitas tarefas pendentes.
Destácase que na prensa diaria se foi incrementando a produción de
contidos relacionados coa ciencia e, mesmo, "acubillando un incipiente
xornalismo científico", grazas á "vontade persoal dalgúns xornalistas e
colaboradores" máis que ao "interese particular dos propietarios dos
xornais". Saliéntase a traxectoria
La Voz de la Escuela de
La Voz de Galicia, que se publica desde 1982. Porén,
apenas o 2,5% da superficie total dos xornais impresos está dedicado á
ciencia e en poucos casos contan con seccións específicas.
Critícase igualmente a inclusión de temas pseudocientíficos e a
"incapacidade" para eliminar das páxinas de moitas cabeceiras
entretementos coma o horóscopo.
En canto á prensa dixital, destácase a existencia de seccións específicas de ciencia en Praza e en Galicia Confidencial e a actividade da revista online GCiencia
En canto á prensa dixital,
destácase a existencia de seccións específicas de ciencia en Praza e en Galicia Confidencial. E, no caso concreto de
Praza, a publicación desde comezos de 2016, dos
Episodios de cultura científica, artigos sobre a historia da ciencia en Galicia realizados por Xosé Fraga, director do
Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega, que se inclúen tamén na edición en papel de
La Opinión de A Coruña os domingos. Ademais, sublíñase a actividade da revista online
GCiencia. Mentres,
cualifícase de "desolador" o campo de comunicación científica das revistas en papel,
pois na actualidade non existe en Galicia ningunha revista de
divulgación para todos os públicos, nin sequera por parte das
universidades. Finalmente, na televisión e na radio, destácase a
Efervesciencia (na Radio Galega) e
Historias del Tiempo (en V Televisión).
Outra das luces procede da multitude de charlas e programas de divulgación, que non contan co apoio institucional que merecerían
Outra das luces procede da multitude de charlas e programas de divulgación (os cafés-teatro científicos, o programa ConCiencia, o Discurshow ou os Puntos Científicos),
"iniciativas que teñen un custo económico moderado ou nalgúns casos
practicamente nulo, detalle importante que debería animar os
responsables da Administración autonómica a poñer en marcha programas
estables de financiamento". Destácase neste senso que "desde o ámbito
institucional, a Xunta diminuíu notablemente o seu papel dinamizador da
divulgación científica e tecnolóxica nos últimos anos, a pesar de ter
desempeñado no pasado un importante papel no apoio a estas actividades a
través de convocatorias como
Diverciencia ou da coordinación de citas como a
Semana da Ciencia".
Entre as actividades realizadas co obxectivo de estimular a
creatividade e o espírito crítico e de fomentar vocacións científicas,
destacan ademais as feiras de ciencia, organizadas na súa maioría por
centros de ensino primario e secundario. O
Día da Ciencia na Rúa (organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias) ou
Galiciencia (organizado polo Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole), son outros exemplos.
O informe conclúe que "moitas das actividades deben a súa existencia
ao traballo dunha única persoa ou un grupo pequeno de colaboradores,
circunstancia que fai máis fráxiles aínda os programas de divulgación"
O informe conclúe que "moitas das actividades que se manteñen cunha
certa estabilidade –ciclos de charlas, feiras da ciencia, actividades
organizas por organizacións sen ánimo de lucro, actividades de
divulgación en centros de ensino–
deben a súa existencia ao
traballo persistente dunha única persoa ou un grupo pequeno de
colaboradores, circunstancia que fai máis fráxiles aínda os programas de
divulgación" e critica a falla de apoio institucional, sobre todo por parte da Xunta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario