A asociación en defenda do idioma denunciou que Facenda é reincidente nos ataques ao galego
O programa PADRE que facilita a Axencia Tributaria non permite a utilización da lingua propia de Galiza
A Mesa lémbralle a Facenda que o galego é unha lingua oficial
Santiago de Compostela, 27 de abril de
2016-. Cando xa levamos parte da campaña da declaración da renda de
2015, A Mesa pola Normalización Lingüísitica denuncia como, máis unha
vez, a Axencia Tributaria obstaculiza o dereito da cidadanía a facer a
declaración da renda en galego. O programa PADRE dispoñibilizado pola
Axencia Tributaria na súa páxina web non contempla a opción de utilizar a
lingua propia e oficial de Galiza.
A Mesa lembrou como son frecuentes as
queixas e denuncias contra esta administarción pola vulneración dos
dereitos lingüísticos da cidadanía. É numerosa a lexislación que reitera
a oficialidade do galego, como lingua propia de Galiza, e ampara o seu
uso nos trámites administrativos,
A experiencia
demóstranos que na práctica esta lexislación que recoñece os nosos
dereitos lingüísticos se incumpre cada vez máis na Administración Xeral
do Estado. Por iso é importante que todas e todos denunciemos calquera
traba para usarmos con normalidade o galego Que fique constancia oficial
destas vulneracións é imprescindíbel para podermos demostrar que estas
regresións que pretenden reducir a oficialidade do galego a papel
mollado son reais, e desmontarmos a escusa habitual de que os problemas
se deben a “casos puntuais e aillados”.
Porén, o caso
de Facenda mostra claramente como a belixerancia contra o galego
resulta absolutamente impune, sen que actúe ningunha administración para
corrixilo, nin sequera a Xunta de Galiza a través da Secretaria Xeral
de Política Lingüística que ten a obriga legal de velar polo cumprimento
da lexislación que ampara o galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario