En marzo 118.097 persoas que estaban rexistradas no desemprego non cobraban. Máis que todos os habitantes da cidade de Ourense, ou de Lugo, ou de Compostela.
En 2009 a taxa de cobertura era superior ao
63%. De cada 100 persoas rexistradas no desemprego, 63 beneficiábanse de
prestacións. Mais a medida que a crise foi avanzando, destruíndo
emprego e enchendo as listaxes do paro, esa taxa descendeu. Na
actualidade está no 48%, o que indica que xa menos da metade das persoas no paro e anotadas nas oficinas de emprego cobra a prestación.
En marzo pasado foron 118.097 persoas as que non perceberon esas
prestacións. Unha cifra que supera os habitantes das principais cidades
galegas agás Vigo e A Coruña. Hai máis persoas no paro que carecen de
cobertura que todos os habitantes da cidade de Ourense (106.231). Ou que
os de Lugo, ou Compostela, ou Pontevedra. E case son o triplo que toda a
poboación de Narón (39.500).
“Xa só o 48,2% das persoas desempregadas reciben algún tipo de prestación. Un punto menos que no mes anterior.”, manifestan desde a CIG. “Se a maior parte das persoas que atopan traballo fano con contratos por horas ou por días sumar ata acadar o tempo suficiente para ter dereito a unha prestación é aínda máis complicado. Isto ligado ao incremento das persoas desempregadas de longa duración, segundo os últimos datos da EPA, ofrece un panorama desolador e dá unha idea de até que punto hai un risco real de exclusión social, cada vez maior en Galiza”.
No mes de febreiro de 2016 había 13.860 persoas menos percibindo prestacións por desemprego ca no mesmo período do ano anterior, lembra CCOO, que advirte que e a taxa de cobertura non deixa de caer. No mes de febreiro de 2016 había 113.697 persoas a cobraren unha prestación por desemprego e a repartición por modalidades era a seguinte: 54.516 percibían un subsidio por desemprego (representan o 48 % do total das prestacións), 46.528 contributivas (o 41 % do total), 11.782 a renda activa de inserción e 871 correspondían ao programa de activación de emprego

Ningún comentario:
Publicar un comentario