O ensino é un dos instrumentos máis importantes que existen
para cambiar os afectos, o autoconcepto e a vida das das persoas e, polo
tanto, xoga un papel fundamental na saúde das sociedades.
Dende mediados da década dos 60 ata o comezo da década dos 80, unha
corrente de renovación pedagóxica trataba de inundar todo o Estado
español. Os movementos de ensinantes e de educadores intentaban conectar
coa memoria histórico-pedagóxica anterior á guerra; abrollaban
experiencias e alternativas docentes dirixidas a introducir cambios nas
prácticas escolares e a contribuír á reciclaxe e á mellor formación dos
mestres e dos profesores. Proliferaban Escolas de Verán, xornadas
pedagóxicas ou congresos, publicacións de revistas coma os Cadernos de
Pedagoxía ou os primeiros números d´O Ensino; aparecían novas asociacións e movementos. De feito, en 1976 nacía a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e sete anos despois Nova Escola Galega.
O profesor José Paz (que me mostrou o valor do ensino, a coñecer, ler e estudar as pedagoxías de Piaget, Montessori, Freire, Freinet etc., teorías que non paraban de rebulir na miña cabeza e cobizaba pór en práctica o antes posible) deunos a oportunidade de asistir, a min e a dous compañeiros de estudo, á reunión dos Movementos de Renovación Pedagóxica en Murcia. Alí estabamos nós, como membros da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, xunto con representantes do Colectivo Andaluz de Pedagogía Popular, Moviment Educatiu del Maresme, Rosa Sensat, Escola d´Estiu del País Valenciá etc. Os MRP trataban de corrixir a ineficacia dun sistema escolar caduco e dual: O fracaso escolar era evidente e a formación dos mestres e profesores de ensino secundario inadecuada e deficiente. Tratábase de construír un sistema educativo que contribuíse a crear unha sociedade máis democrática e xusta.
A principios dos 80 respirábase un ambiente político e reivindicativo importante na Escola de Maxisterio de Ourense. Lembro participar, xunto con outros catro compañeiros, nunha reunión con José María Maravall, primeiro ministro de educación do goberno socialista, reunión que tivo lugar na, entón, Delegación do Goberno, para presentarlle un documento con dez reivindicacións decididas nas asembleas de alumnos, propostas que foron pronto acadadas.
Antes de rematar a década, e despois de varios anos de traballo, creamos en Ourense, xunto con sete cooperativistas máis, o colexio de primaria Guillelme Brown, que sería o terceiro centro de renovación pedagóxica de Galicia, despois do Fingoi de Lugo e o Martín Codax de Vigo. As características máis destacables no seu nacemento, e mentres eu fun directora e presidenta da cooperativa, ían ser vinte e cinco alumnos por aula, naquel momento o número habitual era trinta e cinco. Non había libros de texto. Cada materia dábase nun aula específica, para así contar cunha biblioteca propia para cada disciplina onde os recortes de prensa eran fundamentais. A xornada era continua, o que permitía actividades complementarias e extraescolares que trataban de formar o alumnado dun xeito integral, poñendo especial interese na educación para o tempo de ocio. Na aprendizaxe das linguas (especialmente o galego e o inglés) dábaselle unha importancia central á expresión oral. As asembleas de alumnos (unha ao mes) eran unha actividade importantísima para falar de todas as cuestións pedagóxicas, tratábase de iniciar o alumnado na reflexión, na crítica construtiva e no debate.
Sabendo que a intención transformadora de aquela experiencia, coma o de tantas outras, se a houbo, foi moi reducida, que as iniciativas privadas que hai ou se poidan crear só van chegar a unhas elites. Apunto estes trazos, despois de moitos anos como mestra do ensino público, para que sexamos conscientes do retroceso tan espectacular que deu o ensino no que vai de século, para que lembremos que outros modelos educativos son posibles, foron posibles e para que loitemos por iniciar un movemento que debería partir do ensino público.
Organicémonos para loitar contra unha corrente reaccionaria ou apática, no mellor dos casos, construíndo un movemento de referencia. Se a lexislación do tardofranquismo non foi impedimento, senón aguilloada, para o nacemento dun movemento ou movementos de renovación pedagóxica, tampouco o pode ser a actual. Apuntémonos ao deseño de proxectos educativos que fagan o alumnado consciente do valor de aprehenderen para si mesmos, mais tamén para construír unha sociedade que aposte por aprehender do que temos, do noso e dende o noso ata o do outro ou de todos .
Creemos un novo movemento pedagóxico autónomo, xestionado e administrado dende os propios mestres e profesores. Onde poidamos analizar, debater e construír alternativas. De parecernos que os contidos de cada curso son excesivos e repetitivos, poderiamos organizalos dunha maneira máis coherente, repartíndoos entre os cursos de cada etapa. Poderiamos organizarnos entre todos os que desexamos abandonar os libros de texto (que non o material escolar: libros de narrativa, poesía, teatro, atlas xeográficos, históricos…) e traballar por proxectos, elaborados entre todos, permitiríanos sentirnos máis seguros na proposta. Poderiamos apostar por unha metodoloxía que favoreza unha aprendizaxe devagar, amodo, con profundidade, rigorosa, inclusiva, e polo tanto, con diversidade de actividades e procedementos, de vías de acceso ao currículo. Denunciar e tratar de parar un número de alumnos por aula (vinte e cinco) que non permite a atención individualizada e, polo tanto, un ensino de calidade.
Porque aprender leva tempo, se queremos que ao alumnado lle guste. Porque partir do razoamento matemático e chegar á necesidade do cálculo, e non ao revés, precisa de moitas actividades. Porque para aprender a investigar necesítanse días. Porque ensinar o que é unha obra dramática, lendo unha obra de teatro, precisa horas, porque os alumnos non se van conformar con lela, vana querer representar. Porque aprender o que é a lírica require escribir poesías, e se gorenta escribilas, hanas querer ler en voz alta, para toda a clase, para todos os compañeiros, cos que comparten tantas vivencias cada semana, e que ben iso… servir de modelo a aqueles que non sabían como comezar.
Apostemos por un movemento que loite por un ensino cuxo obxectivo sexa conseguir un alumnado libre, crítico, seguro e decidido a sacar o mellor de si. Porque non hai nada máis engaiolante que deprender, no senso máis amplo da palabra, deprender a gozar da vida.

Ningún comentario:
Publicar un comentario