A folga estudantil do 13 e 14 de abril foi un mazazo contra as
políticas educativas da dereita. A esixencia da derrogación da LOMCE e o
decreto do 3+2, o fin dos recortes, dos despedimentos de profesores,
das taxas que nos expulsan da universidade e a FP, estiveron presentes
neste huelgón que paralizou masivamente os centros de ensino medio e as
facultades en todos os territorios. Máis de 2,4 millóns de estudantes
secundaron a chamada á loita nestas dúas xornadas, e decenas de miles
saímos ás rúas en máis de 100 manifestacións que foron excepcionalmente
combativas.
Máis
de 20.000 en Madrid, máis de 10.000 en Barcelona, 2.000 en Bilbo, 2.000
en Donosti, 3.000 en Granada, 2.000 en Málaga, 2.000 en Cádiz, miles
nas capitais galegas, en Navarra, Asturias, en País Valencià, en Aragón,
Castela-A Mancha, Balears, Estremadura…En todas estas manifestacións
contamos coa participación de numerosos colectivos sociais e de
traballadores en folga, desde os espartanos e espartanas de Cocacola en
loita, os compañeiros de Telemadrid, os delegados sindicais de CCOO do
centro do Corte Inglés de Goya en Madrid, os traballadores de Limasa en
Málaga, de Xixón Fabril, do 061, etc.; tamén de CCOO, STEs, CXT, de
Podemos, EU-UP, En Marea, Esquerda Revolucionaria, e de numerosos
profesores. Unha mobilización que foi unha aldrabada e que debe ser o
inicio dunha loita sostida para derrotar á dereita e a todos aqueles que
queren manter os recortes como algo irreversible.
A
pesar da represión en numerosos centros de estudo, onde direccións
vinculadas ao PP tentaron boicotear a mobilización e impedir a numerosos
estudantes exercer o seu lexítimo dereito á folga; a pesar da confusión
que se quixo introducir desde algúns medios políticos, alegando
demagógicamente que a LOMCE estaba “paralizada”, a vontade da mocidade
para poñer de manifesto a súa oposición rotunda ás políticas que están a
demoler o ensino público foi imparable. Nas manifestacións denunciar
reiteradamente o pacto PSOE-Cidadáns, un acordo que volve as costas á
Marea Verde, que se nega a recoñecer as nosas xustas reivindicacións, e
que pretende continuar coas políticas privatizadoras do PP. Neste pacto
non só non se contempla a derrogación da LOMCE nin do 3+2, fálase mesmo
de impoñer taxas académicas en FP e Bacharelato, e de continuar coas
políticas que impiden aos fillos dos traballadores acceder a un ensino
público, gratuíta e de calidade, e pecharnos as portas da universidade.
Volvemos
dicir alto e claro. Desde o Sindicato de Estudantes non imos aceptar
que se manteñan estas políticas a favor dunha elite de privilexiados,
que rouban a mancheas o patrimonio de todos e logo evádeno aos paraísos
fiscais. Esta minoría, para a que goberna o PP, e que dita a política de
Cidadáns e da dirección do PSOE, son os que arruínan o ensino público,
condénannos ao paro, á precariedade, aos salarios miserables e ao exilio
forzoso. O FMI anunciou hoxe mesmo que esixirá novos recortes ao
próximo goberno. É incrible! Queren afundirnos na miseria e ademais que
lles aplaudamos. Pero non o imos a consentir!
A forza organizada da mocidade é fundamental para enfrontar todos
estes ataques, e reverter os recortes. Non sabemos aínda que formación
ocupará o goberno. Pero temos moi claro que, goberne quen goberne,
seguiremos defendendo o ensino público e os nosos dereitos. Se o goberno
que finalmente se establece pretende continuar co austericidio e os
recortes destes anos, teranos en fronte, mobilizados e en píe de guerra.
Non imos parar ata derrotar esta estratexia de liquidar o ensino
público e o noso dereito ao estudo.
Queremos
agradecer aos miles de compañeiros e compañeiras que durante máis dun
mes distribuíron máis de 250.000 follas informativas e pegado máis de
60.000 carteis en IES e facultades de todo o Estado, que celebraron máis
de 750 asembleas. Eles e elas foron a clave do éxito desta folga. Tamén
queremos destacar o enorme apoio que a mobilización recibiu da mocidade
en Galicia, en Catalunya e Euskal Herria. A loita dos compañeiros
destes territorios denunciando as políticas privatizadoras non só do PP,
tamén do PNV e Converxencia, e de todas aqueles que lles sosteñen
(aínda que o pretendan xustificar de mil maneiras a cada cal máis
lamentable) demostra que, por encima de todo, únenos a pertenza a unha
mesma clase: somos fillos de traballadores e traballadoras e temos os
mesmos intereses e aspiracións.
Para
finalizar, queremos volver subliñar o que dixemos en todas as
manifestacións de hoxe: o noso completo apoio aos estudantes franceses
que están a librar unha loita exemplar, e nosa firme solidariedade cos
centos de miles de refuxiados, con eses homes, mulleres e nenos, que son
os nosos irmáns e irmás e que están a sufrir a violencia, a represión e
o racismo dos gobernos da Europa capitalista. A eles dedicamos esta
gran folga estudantil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario