[ACTUALIZACIÓN 14:38H] As organizacións estudantís cifran o seguimento da folga entre o 90-95%. VÍDEO NO INTERIOR.
Contra a LOMCE e o decreto 3+2. O estudantado galego saiu esta cuarta feira ás rúas deixando baleiras as aulas dos seus centros de ensino "na defensa do ensino público".
"Nos últimos anos puidemos ver como o ensino avanzou cara a unha total mercantilización que resposta aos intereses do capital", sinalan no manifesto publicado por Erguer e ao que se deu leitura en diversas vilas e cidades do país.
Aliás, exixen a non implantación do decreto 3+2 que fai parte da Estratexia Universitaria 2020 e coa que, aseguran, visan "converter o ensino público" e "as universidades" nun "criadeiro para as empresas capitalistas".
As organizacións estudantís afirman que este marco "afonda nos falsos mitos que comezaron con Boloña" e que "venderon a especialización e empregabilidade" no que se tornou "en elitización e precariedade" para o estudantado.
A xornada transcorreu sen incidencias agás a identificación por axentes da policía española dalgunhas persoas que facían parte da manifestación de Vigo, entre elas algunha fotógrafa que traballaba cubrindo a mobilización.
Segundo fontes da organización estudantil Erguer as cifras de seguimento da greve estudantil convocada para esta cuarta feira na Galiza sitúanse entre o 90% no ensino medio e o 95% no universitario.
Un "clamor rotundo" contra a LOMCE
Desde a CIG-Ensino sinalarou ao fío da greve estudantil convocada esta cuarta feira (13 de abril) que o "éxito" da xornada de mobilización reflicte un "clamor rotundo e unánime" contra a LOMCE polo que instan a Consellaría de Educación a "cesar no seu intento de continuar realizando a proba xeral de 3º de Primaria e a proba de avaliación final de 6º de Primaria, como prólogo das futuras reválidas", sinalou o secretario nacional da central sindical, Anxo Louzao.
A CIG-Ensino, integrada na Plataforma galega en defensa do ensino público, participou nas mobilizacións convocadas esta cuarta feira e tildou de "totalmente inaceptábel" que se continúe avanzando na aplicación dunha norma, a LOMCE, que cuestiona, din, "o dereito á educación" e "a igualdade de oportunidades".
https://youtu.be/QKn00XWIexw

Nos últimos anos puidemos ver como o ensino avanzou cara a unha total mercantilizaciónO estudantado clamou contra a aplicación da LOMCE e exixiron a súa derrogación. Unha lei "españolizadora, confesional, antipedagóxica, privatizadora, elitista e patriarcal", denunician, "que afonda na falta de igualdade de oportunidades no ensino". Neste senso, baten contra as "reválidas" por "segregar o alumnado e impor barreiras ao final de cada etapa educativa". É unha norma, critican, "recentralizadora" e "uniformadora" tamén a respeito da "realidade histórica, social, lingüística e cultural" da Galiza.
Aliás, exixen a non implantación do decreto 3+2 que fai parte da Estratexia Universitaria 2020 e coa que, aseguran, visan "converter o ensino público" e "as universidades" nun "criadeiro para as empresas capitalistas".
As organizacións estudantís afirman que este marco "afonda nos falsos mitos que comezaron con Boloña" e que "venderon a especialización e empregabilidade" no que se tornou "en elitización e precariedade" para o estudantado.
Defenden un "ensino público, galego, de calidade, democrático, non patriarcal e pensado por e para Galiza""É por iso que baleiramos as aulas e saímos ás rúas", sinalaron ao remate das concentracións e manifestacións, a prol dun "ensino público, galego, de calidade, democrático, non patriarcal e pensado por e para Galiza", sentenciaron.
A xornada transcorreu sen incidencias agás a identificación por axentes da policía española dalgunhas persoas que facían parte da manifestación de Vigo, entre elas algunha fotógrafa que traballaba cubrindo a mobilización.
Segundo fontes da organización estudantil Erguer as cifras de seguimento da greve estudantil convocada para esta cuarta feira na Galiza sitúanse entre o 90% no ensino medio e o 95% no universitario.
Un "clamor rotundo" contra a LOMCE
Desde a CIG-Ensino sinalarou ao fío da greve estudantil convocada esta cuarta feira (13 de abril) que o "éxito" da xornada de mobilización reflicte un "clamor rotundo e unánime" contra a LOMCE polo que instan a Consellaría de Educación a "cesar no seu intento de continuar realizando a proba xeral de 3º de Primaria e a proba de avaliación final de 6º de Primaria, como prólogo das futuras reválidas", sinalou o secretario nacional da central sindical, Anxo Louzao.
Anxo Louzao: "Sufrimos unha Consellaría que actúa exclusivamente en función dos seus intereses ideolóxicos e partidarios"Para o sindicato nacionalista que o goberno teime en manter estas probas “evidencia que sufrimos unha Consellaría que actúa exclusivamente en función dos seus intereses ideolóxicos e partidarios e con total submisión ao Goberno de Madrid, no canto de proceder en función das necesidades do sistema educativo galego”.
A CIG-Ensino, integrada na Plataforma galega en defensa do ensino público, participou nas mobilizacións convocadas esta cuarta feira e tildou de "totalmente inaceptábel" que se continúe avanzando na aplicación dunha norma, a LOMCE, que cuestiona, din, "o dereito á educación" e "a igualdade de oportunidades".
https://youtu.be/QKn00XWIexw
Ningún comentario:
Publicar un comentario