Este
29 de marzo celebrouse
en Compostela o Foro Universidade, Coñecemento e Desenvolvemento
Intelixente, organizado polo Grupo Correo Gallego e co obxectivo
fundamental de “defender a contribución da universidade galega ao
desenvolvemento económico e tecnolóxico baseado no coñecemento”.
No encontro participaron, entre outros relatores, o coordinador do
Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña (CITIC),
Manuel González Penedo, o director do CIMUS,
Carlos Diéguez González, o director de Gradiant, Luis Pérez
Freire, e a responsábel de Innovación de Nanogap, Eldara Rodríguez
Cobo. Todos eles interviñeron, moderados por Manuel Varela (director
de Axencia Galega de Innovación), na segunda mesa redonda da
xornada, que versou sobre as Prioridades
e retos para impulsar un desenvolvemento en Galicia baseado no
coñecemento.
González
Penedo salientou a esencia do CITIC como “un centro tecnolóxico
que desde os seus inicios buscou sinerxías co sector produtivo, xa
sexa privado ou institucional, e que non se centra unicamente na
transferencia senón que tamén existe unha forte aposta pola
investigación básica”.
A
inauguración do acto correu a cargo de Román Rodríguez,
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen
afirmou que “as grandes revolucións tecnolóxicas acontecidas
durante o pasado século e o presente teñen como principal
protagonista a universidade”. Acompañoulle José Alberto Díez de
Castro, secretario xeral de Universidades.
A
continuación tivo lugar a primeira das dúas mesas redondas,
desenvolvida baixo o epígrafe Características e activos da
investigación universitaria: a programación estratéxica do SUG,
na que participaron Salvador Naya, vicerreitor de Política
Científica, Investigación e Transferencia da UDC, Isabel
Rodríguez-Moldes, vicerreitora de Investigación e Innovación da
USC, Javier Bueno, vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo da
USC e Coordinador do Campus Terra, e Javier Pereiro, director xerente
do FEUGA.
Os
relatores falaron entre outras cousas sobre o investimento destinado
a investigación na nosa terra, tanto por parte do Estado como por
parte das empresas privadas, salientando “a necesidade de promover
unha cultura emprendedora e novos modelos de financiamento”.
Patrocinio
Morrondo Pelayo, presidenta da Axencia para a Calidade do Sistema
Universitario de Galicia (ACSUG), foi a encargada de clausurar a
xornada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario