Mañá 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas, instaurado o pasado ano pola Academia Galega de Belas Artes que, neste segundo que se celebra, llo dedica ao rianxeiro.
A Academia Galega de Belas Artes decidiu o
ano pasado, que foi dedicado ao Mestre Mateo, que neste 2016 o
homenaxeado fora Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, cuxa candidatura
superou a pintores como Laxeiro ou Carlos Maside.
A celebración abre mañá 1 de abril coa inauguración cun acto oficial ás 19 horas coa presenza das autoridades no Museo de Pontevedra, e logo procederase á inauguración da exposición 'Castelao artista'.
O sábado corresponderalle o protagonismo a Rianxo, a localidade natal do autor, que acollerá ás 12.30 horas un acto público e unha conferencia do debuxante Miguelanxo Prado sobre “Castelao Artista” no Auditorio Municipal da vila.
Por que o 1 de abril?
A imaxe e semellanza do Día das Letras, a Real Academia Galega de Belas Artes escolleu o 1 de abril para homenaxear os artistas galegos en memoria desa mesma xornada do ano 1188, data na que se asentaron os dinteis do Pórtico da Gloria polo Mestre Mateo. O sistema de elección é similar ao da RAG, podendo elixir soamente a artistas que leven mortos un mínimo de 10 anos.

O 1 de abril en Pontevedra haberá un acto oficial e inaugurarase unha exposición no Museo de Pontevedra titulada 'Castelao artista'A Deputación de Pontevedra leva o liderado desta celebración, coa organización de dúas exposicións, e moitas actividades esparexidas pola provincia. Ademais, a Deputación de Lugo tamén acolle teatro, conferencias e obradoiros sobre o tema.
Por que o 1 de abril?
A imaxe e semellanza do Día das Letras, a Real Academia Galega de Belas Artes escolleu o 1 de abril para homenaxear os artistas galegos en memoria desa mesma xornada do ano 1188, data na que se asentaron os dinteis do Pórtico da Gloria polo Mestre Mateo. O sistema de elección é similar ao da RAG, podendo elixir soamente a artistas que leven mortos un mínimo de 10 anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario