O Campus Terra da USC forma a estudantes e
investigadores europeos na restauración e recuperación de solos de zonas
degradados (incendios, dunas, contaminación, áreas húmidas…) a través
dun curso intensivo de dúas semanas de duración e incluído no proxecto
europeo Landcare (Land degradation and
rehabilitation in mediterranean environments enhancing rural
development and young employability). Neste programa, que conta con
265.000 euros de financiamento da UE a través do programa ERASMUS
+KA203 – Strategic Partnerships for higher education), participan catro
universidades e outras tantas empresas de Portugal, Italia, Grecia e
España.
O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro; o profesor da USC e coordinador do proxecto Landcare, Agustín Merino, e o director da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, Tomás Cuesta,
ofreceron este luns unha recepción aos 16 estudantes e profesores de
Portugal, Italia, Grecia y España que tomarán parte no neste curso
intensivo sobre restauración de zonas degradadas e que se prolongará
durante 15 días.
Este seminario específico de carácter intensivo intensivo, en cuxa
docencia participan profesores e investigadores dos departamentos de Edafoloxía e Química Agrícola e de Botánica
da USC, ademais de técnicos das áreas de Orientación Laboral,
Emprendemento e do Centro de Estudos de Tecnoloxías para a Aprendizaxe
(CeTA), inclúe saídas ao campo, ademais de sesións prácticas que se
desenvolven en laboratorio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario