A poboación galega escora cara ao litoral atlántico e ás cidades, deixando practicamente baleiro o resto do país. Así o veñen amosando as sucesivas edicións do censo e mais do padrón e
así o acredita a análise que, parroquia a parroquia, realiza o
Instituto Galego de Estatística sobre o grao de urbanización, unha
variable definida por Eurostat en 2011, adaptada nese mesmo ano polo IGE
á realidade parroquial galega e perfeccionada despois pola oficina
estatística da UE. Destas melloras nace a nova clasificación, a GU 2016,
que amosa un mapa do país no que o 6,2% do territorio acolle a
concentración do 67,7% da poboación.
O IGE marcouse o reto de adaptar a nova metodoloxía europea ás "peculiaridades do asentamento poboacional" de Galicia. Para realizar o estudo dividiu o territorio en celas dun quilómetro cadrado que, cruzándoas cos datos censuais, dá lugar a tres grandes categorías: as zonas densamente poboadas (ZDP), isto é, as cidades; as zonas intermedias (ZIP), que se corresponden coas vilas e a súa contorna, e as zonas pouco poboadas (ZPP), áreas de poboación rurais.
Os novos datos achegados polo IGE supoñen unha nova achega que demostra o progresivo despoboamento do rural e, de xeito parello á perda xeral de poboación, a concentración da que fica en torno ao Eixo Atlántico. Practicamente a metade da poboación galega desenvolve xa, atendendo á información oficial máis recente, a súa vida ordinaria nas sete cidades.

O IGE adapta a metodoloxía de Eurostat á división territorial en parroquiasA devandita cuadrícula de celas de 1 quilómetro cadrado, tirada do INE e a información de parroquias do Centro de Estudos do Territorio permitiulle ao IGE identificar os diversos tipos de "conglomerados" nos que se distribúe a poboación galega. Debúxase así un mapa no que as zonas densamente son as parroquias das sete cidades e as zonas intensamente poboadas, as contornas destas e, fóra delas, as áreas do Barbanza e do Salnés, O Morrazo, cinco localidades na Mariña lucense e, no interior, apenas unha decena de núcleos de poboación.
En menos de 1.900 quilómetros cadrados viven case 1,9 millóns de persoasAsí se artella unha distribución poboacional no que as zonas densamente e intensamente poboadas acollen en menos de 1.900 quilómetros cadrados a vida cotiá de practicamente 1,9 millóns de persoas, atendendo aos datos do censo máis recente, o de 2011. Mentres, nos restantes 27.700 quilómetros cadrados do territorio galego viven pouco máis de 890.000 persoas.
Os novos datos achegados polo IGE supoñen unha nova achega que demostra o progresivo despoboamento do rural e, de xeito parello á perda xeral de poboación, a concentración da que fica en torno ao Eixo Atlántico. Practicamente a metade da poboación galega desenvolve xa, atendendo á información oficial máis recente, a súa vida ordinaria nas sete cidades.
Mapa das parroquias galegas segundo o seu grao de urbanización / IGE
Ningún comentario:
Publicar un comentario