O país pasou de 2.502 empresas que aplicaron innovacións tecnolóxicas en 2007 a só 997 en 2014. Galicia sitúase como novena comunidade en emprendemento empresarial tecnolóxico.
Galicia contaba no ano 2005 con 2.189 empresas tecnoloxicamente
innovadoras. Dous anos despois, en 2007, acadou o seu cénit con 2.502. E
chegou a crise económica e, con ela, unha desfeita no sector
empresarial, no que a innovación tecnolóxica minguou progresivamente até
chegar a mínimos en 2014, con tan só 997 empresas tecnoloxicamente innovadoras,
segundo os últimos datos que se poden consultar no Instituto Galego de
Estatística (IGE). É dicir, dende o comezo da crise, o país perdeu o
60,1 por cento da súa capacidade innovadora no sector tecnolóxico.
Esta perda de competitividade nos anos de crise foi practicamente a mesma que a media española, que se situou no 60,5 por cento, pasando de 46.877 empresas tecnoloxicamente innovadoras en 2007, a 18.511 no ano 2014.
Destes datos dedúcese unha clara e alarmante perda de competitividade tanto da economía galega como da española, pois a innovación tecnolóxica é unha variable determinante para a a capacidade competitiva dun país.
Segundo datos do Instituto Nacional de Estadística (INE), as comunidades autónomas que presentaron maiores porcentaxes de empresas con innovacións tecnolóxcas durante o período 2012-2014 foron La Rioja (un 20,7 por cento das súas empresas introduciron innovacións tecnolóxicas neste período), Euskadi (18,9 por cento) e a Comunidad Foral de Navarra (18,0 por cento). Galicia sitúase nun discreto noveno posto, co 13,4 por cento das empresas que innovaron tecnoloxicamente.

Empresas tecnoloxicamente innovadoras | ||
Ano | España | Galicia |
2005 | 47.529 | 2.189 |
2006 | 49.415 | 2.208 |
2007 | 46.877 | 2.502 |
2008 | 42.206 | 2.152 |
2009 | 39.043 | 2.082 |
2010 | 32.041 | 1.947 |
2011 | 27.203 | 1.643 |
2012 | 20.815 | 1.267 |
2013 | 19.370 | 1.136 |
2014 | 18.511 | 997 |
Fonte: IGE |
Segundo datos do Instituto Nacional de Estadística (INE), as comunidades autónomas que presentaron maiores porcentaxes de empresas con innovacións tecnolóxcas durante o período 2012-2014 foron La Rioja (un 20,7 por cento das súas empresas introduciron innovacións tecnolóxicas neste período), Euskadi (18,9 por cento) e a Comunidad Foral de Navarra (18,0 por cento). Galicia sitúase nun discreto noveno posto, co 13,4 por cento das empresas que innovaron tecnoloxicamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario