Os protestos nas facultades de Maxisterio e Filosofía esténdense a Educación Social.
O alumnado das Facultades de Filosofía e Maxisterio
da Universidade de Santiago de Compostela encetaba hai unha semana
paros, feches e mobilizacións para denunciar a escasez de profesorado e
os recortes en medios e persoal no ensino público. Uns protestos aos que
se vén de sumar a facultade de Educación Social e,
tamén, parte do profesorado. En concreto, por volta de 150 profesores
titulares que superaron o proceso para aspirar a ser catedráticos e que
levan seis anos á agarda de que se saquen prazas. O 10% do profesorado
estaría nesta situación, indican, algo que, entre outras consecuencias,
afecta tamén á competitividade da USC.
Mentres, mantense e aumentan as mobilizacións dos alumnos. Cada noite, por volta de 150 estudantes participan nos fechamentos en Filosofía e Maxisterio. Profesores desta última amosaron o seu apoio aos protestos. Denuncian falla de profesorado, mais tamén a supresión de varios servizos ou os recortes nas bolsas de estudo.
Cómpre lembrar que desde organizacións sindicais e estudantís denunciouse reiteradamente que o sistema universitario galego ten un precario financiamento, lonxe do 1% do PIB que sería necesario para ter un ensino que consideren de calidade; que viu reducidos os seus orzamentos, entre 2010 e 2015 en 86 millóns de euros; que sufreu o incremento das taxas tanto de matrícula dos graos como dos mestrados e que se destruíu emprego, con máis de 350 profesores menos, o que se corresponde con aproximadamente o 8% menos nos cadros de persoal e en 1.287 investigadores.

Ningún comentario:
Publicar un comentario