Pontedeume, Compostela, A Coruña, Monforte ou Oleiros son algúns dos municipios cuxos plenos aprobaron nestas semanas a moción impulsada pola MNL co apoio de diferentes axentes políticos e sociais.
A moción
impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística pedindo que se
cumpra co disposto na Carta europea das linguas e que se derrogue o
'decreto' de plurilingüismo foi xa debatida e aprobada en varios
concellos do país, no marco dunha dinámica que procura chegar a todos os
municipios galegos. Nestas dúas semanas transcorridas desde a
presentación pública da moción, plenos como o da Coruña, Oleiros, Pontedeume, Compostela, Monforte, Betanzos ou Manzaneda, entre outros, aprobaron a declaración. Trátase, como afirmou o presidente da MNL, Marcos Maceira,
na presentación da iniciativa, de “facer visíbel en Galiza e no mundo
que somos maioría quen queremos poder exercer con total liberdade o
dereito a vivirmos na nosa lingua, e que o pobo galego tamén quere que o
seu goberno cumpra cos acordos tomados colectivamente e ratificados a
nivel internacional como Carta Europea das Linguas”.
A moción consta de cinco puntos. Entre eles, instar á Xunta a elaborar de maneira “ampla e consensuada” un novo decreto para o uso do galego no ensino, que atenda aos principios de normalización lingüística, e acorde co sinalado na Carta Europea. Mentres non se elabora o novo decreto, recóllese na proposta, que se modifique o actual derrogando os artigos que poñen límites ao uso do galego nas aulas, como as porcentaxes máximas de materias a impartir en galego nos centros e a prohibición de impartir na nosa lingua as materias científico-técnicas ou matemáticas.
Garantir unha oferta ampla de liñas de ensino infantil en galego en todas as vilas e cidades é outro dos puntos desta moción, que na súa presentación estivo apoiada por representantes de todas as formacións políticas, agás o PP: Anova-IN, BNG, Coalición Galega, Cerna), Compromiso por Galicia, Converxencia 21), Esquerda Unida), Partido Galeguista, PsdG-PSOE, Terra Galega, Alternativa dos Veciños e Equo- Galiza.

Ningún comentario:
Publicar un comentario