A Sega presenta o programa da xornada na que se homenaxeará María Xosé Queizán.
María Xosé Queizán foi a autora elixida pola plataforma de crítica literaria A Sega como figura da terceira edición das Galegas nas Letras. A autora viguesa será homenaxeada o 15 de agosto na cidade olívica, no parque que leva o nome da escritora e feminista.O programa da xornada comezará ás 12h coa presentación por parte de representantes da Sega para posteriormente dirixir unhas palabras a propia Queizán. A continuación procederase á leitura dunha escolma dos seus textos e poemas.
Por volta das 13h está previsto un xantar de convivio para rematar coas actuacións de Mercedes Peón, Cintaadhesiva, Sofía Espiñeira, Silvia Penas, Ai-el-ela Pandereteiras, Rianxeiras da Covecha, e a actuación infantil das Educultoras, s.coop galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario