A Feira do Libro da Coruña acolle este martes a presentación do libro 'O rebumbio dos vagalumes', do consultor e xornalista Alberte Santos, dentro das actividades programadas no marco desta 41 edición.
O actor e director da compañía teatral Chévere, Xesús Ron, e a novelista Diana Varela farán, a partir das 21,30 horas, unha lectura conxunta dalgúns das pasaxes desta novela, editada por Laiovento e da que Alberte Santos asinará exemplares aos asistentes.
Na novela, abórdase a historia de Paula, unha profesora universitaria, emparellada cun executivo de éxito, que se rebela contra o destino ao que sente condenada.
Por outra banda, Hércules Edicións acaba de publicar o libro 'Galegos universais' na que se abordan cinco biografías desde a perspectiva da súa vinculación ou posible vinculación con Galicia. Este é o caso de Cristóbal Colón ou Simón Bolívar, ademais da de personalidades como a de Fidel Castro, segundo precisa a editorial nun comunicado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario