A finais deste mes de agosto, menos dun mes antes das eleccións
autonómicas do 25 de setembro, uns 100.000 traballadores públicos
autonómicos verán como a Xunta ingresa nas súas contas unha media de 630
euros a xeito de paga extra. Non é un premio, senón a última
das devolucións fraccionadas das pagas que os gobernos central e galego
lles retiveron en 2012 e 2013. Pero como na maioría dos pagos
anteriores, a data elixida para o reintegro sitúase poucas semanas antes
de ter que votar nunhas eleccións, o que, como neses casos anteriores,
vén de recibir a crítica dos principais sindicatos.
A primeira devolución foi realizada pola Xunta a finais de xaneiro de 2015. A segunda foi vinculada á creación dun fondo co que afrontar eses reintegros a través da Lei de Emprego Público que o PP aprobou no Parlamento de Galicia o 29 de abril daquel ano, só 25 días antes das eleccións municipais do 24 de maio. A terceira devolución recibírona os traballadores públicos galegos a finais de novembro de 2015, uns días antes das eleccións xerais do 20 de decembro. A cuarta entrega foilles ingresada a finais de abril deste ano, menos de dous meses antes das segundas eleccións xerais do 26 de xuño. A quinta e última entrega recibirana coa nómina que cobren a finais deste mes de agosto, menos dun mes antes das autonómicas do 25 de setembro.
100.000 traballadores autonómicos, o 4% do censo electoral, foron recuperando xusto antes das municipais de 2015, xerais de decembro e xuño, e agora das autonómicas de setembro o que lles quitaran en 2012 e 2013Coa persistencia e agravamento da crise, os gobernos central e galego decidiron suprimir a paga extra de decembro de 2012 de todos os funcionarios españois e en 2013 o complemento específico dos funcionarios autonómicos. Eran eses uns anos nos que os seguintes comicios, as eleccións europeas de maio de 2014, quedaban aínda lonxe. Non sería ata principios de 2015, coincidindo coa longa sucesión de eleccións que aínda estamos vivindo, cando a Xunta comezou a devolver de xeito fraccionado o retido previamente, incentivada por sucesivas sentenzas que foron certificando que aos funcionarios se lles quitara máis do previsto. Desde entón ata a prevista para finais deste mes, serán cinco as entregas de cartos aos funcionarios por parte da Administración autonómica, catro das cales se produciron nas semanas previas a outros tantos comicios.
A primeira devolución foi realizada pola Xunta a finais de xaneiro de 2015. A segunda foi vinculada á creación dun fondo co que afrontar eses reintegros a través da Lei de Emprego Público que o PP aprobou no Parlamento de Galicia o 29 de abril daquel ano, só 25 días antes das eleccións municipais do 24 de maio. A terceira devolución recibírona os traballadores públicos galegos a finais de novembro de 2015, uns días antes das eleccións xerais do 20 de decembro. A cuarta entrega foilles ingresada a finais de abril deste ano, menos de dous meses antes das segundas eleccións xerais do 26 de xuño. A quinta e última entrega recibirana coa nómina que cobren a finais deste mes de agosto, menos dun mes antes das autonómicas do 25 de setembro.
CSIF e CIG ven claro interese electoralista na data elixida para a devolución e lembran que o que agora se lles devolve non foi o único que se lles recortouNesta última entrega os sindicatos ven novamente un claro interese electoralista, xa que adianta a previsión inicial da Xunta de que a devolución se producise en dous momentos do outono, datas que terían sido agrupadas e adiantadas aos comicios autonómicos. Así o ve desde o CSIF José Francisco Sánchez-Brunete, quen lembra que, á marxe destas devolucións de pagas puntuais retidas en 2012 e 2013, os traballadores públicos autonómicos levan desde ese ano co seu salario recortado nun 4% de media a través da eliminación de complementos que a Xunta non prevé restituír ata 2017, ademais de ver eliminados diversos beneficios sociais. Segundo a CIG, “o cambio de calendario na devolución de parte das pagas extraordinarias roubadas aos traballadores públicos está feito con fins electoralistas”. O sindicato salienta que “esta devolución responde á multitude de sentenzas gañadas pola central sindical” e lembra que estes non foron os únicos recortes que sufriron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario