En virtude desta colaboración, ambas as entidades puxeron en marcha a iniciativa 'Formación e CODIX para persoas con discapacidade',
cuxo obxectivo é ofrecer capacitación en ofimática a persoas en
situación de desemprego con certificado de discapacidade igual ou
superior ao 33%, co fin de garantir o seu acceso ao mercado laboral.
FSC Insere xa comezou as primeiras
actividades formativas de ofimática nas aulas da Rede de Centros para a
Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) da Coruña, Ferrol,
Pontevedra, Santiago e Lugo, con 190 horas de formación do curso para a
obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX) .
Unha vez finalizado o período de formación, as persoas participantes poderán obter a mencionada certificación mediante a superación dunha proba presencial de carácter voluntario baixo a supervisión tanto de Insere Emprego como da Amtega.
Insere Emprego colaborará tamén co Plan
de Inclusión organizando outras actividades formativas, eventos ou
iniciativas de divulgación e dinamización das TIC e na difusión da
inclusión dixital en Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario