Entre os días 9 e 11 de setembro o os pavillóns 1 e 2 da
Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda volverán a acoller a celebración
de Xuventude Galicia Net, encontro
para a mocidade galega afeccionada ao lecer electrónico, que abrirá a súa
inscrición o vindeiro 16 de agosto ás 9:00 horas e pecharase o 5 de setembro ás
12:00 horas, custando os billetes 20 euros.
Polo momento este encontro impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude,
Participación e Voluntariado ten confirmada a celebración de torneos dos xogos League of Legends, FIFA 16, Counter Strike:
Global Offensive e HearthStone,
aos que acompañarán moitas actividades paralelas de distinta índole para animar
os tres días que dura este encontro que contará cun acceso á Rede de 2 Gbps
simétricos para garantir unha boa experiencia de xogo en liña.
https://youtu.be/ETATuMnxDQA
Ningún comentario:
Publicar un comentario