A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de
Galicia que anula tres artigos e apartados da ordenanza do Concello de
Lugo é a última das medidas de desprestixio contra a lingua galega.
Deixa sen efecto o apartado referente á lingua oficial do consistorio, e
o que establece que as actuacións administrativas na nosa lingua serían
totalmente válidas. No ámbito educativo son coñecidas as enquisas sobre
a competencia lingüística declarada que amosan que as destrezas en
lingua castelá superan ás que o alumnado presenta en lingua galega. O
decreto do plurilingüismo, que reduce a un 33% a ensinanza en galego,
tamén exerce un efecto prexudicial contra o idioma e contra a
competencia lingüística que adquiren os alumnos na lingua propia de
Galicia.
A instigación ao noso idioma está a lograr os resultados perseguidos. As cifras do Instituto Galego de Estatística indican que tres de cada catro nenos de entre 5 e 14 anos falan xeralmente castelán. A brecha xeracional, por tanto, alóngase: a xente maior é a que fala maioritariamente galego e a máis nova, castelán. Consideramos que os pais deberían exercer un papel normalizador da lingua, falándolla aos seus fillos para permitir que o galego continúe sendo a lingua materna dunha parte significativa da sociedade, pois a porcentaxe de persoas que falan sempre en galego sitúase no 44%, lonxe da maioría que esgrime a Xunta.
Entre tanto, nin os partidos políticos nin o goberno estatal se pronuncian sobre a mala situación do galego, e son organizacións tales como a Real Academia Galega ou a Mesa pola Normalización Lingüística as que teñen que iniciar campañas en favor do noso idioma. Os escasos apoios cos que conta indígnanos a todos os galegofalantes que queremos que a nosa lingua consiga a súa normalización, estando presente en impresos oficiais, nos servizos de atención ao cliente de empresas, no audiovisual, na prensa, nas páxinas web, etc.
A instigación ao noso idioma está a lograr os resultados perseguidosTodas as medidas anteriores propiciaron que o Consello de Europa emitise recentemente un informe no que advirte á Xunta de Galicia e ao Estado español de que infrinxen moitos dos apartados da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. O goberno galego, con todo, ratifica a súa postura ante o órgano internacional con falsos argumentos, pois considera que está a actuar a favor da normalización lingüística e sostén a súa postura defendendo a vixencia de medios de comunicación que tiveron que interromper a súa edición en papel por falta de fondos económicos, como no caso de Galicia Hoxe. O goberno estatal tamén actúa en contra da nosa lingua, como se observou na actitude que adoptou o Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDAE), ao denegar un préstamo ao Concello de Teo porque un dos informes enviados estaba escrito en galego e no impedimento de facer a declaración da renda en lingua galega por parte da aplicación informática habilitada polo Ministerio de Facenda. Así mesmo, hai asociacións que protagonizan actos lamentables en contra da normalización lingüística. Unha delas deseñou un xogo para nenos no que teñen que limpar pintadas como “Na Galiza em galego” que fan pensar que os defensores do noso idioma son vándalos radicalizados.
A instigación ao noso idioma está a lograr os resultados perseguidos. As cifras do Instituto Galego de Estatística indican que tres de cada catro nenos de entre 5 e 14 anos falan xeralmente castelán. A brecha xeracional, por tanto, alóngase: a xente maior é a que fala maioritariamente galego e a máis nova, castelán. Consideramos que os pais deberían exercer un papel normalizador da lingua, falándolla aos seus fillos para permitir que o galego continúe sendo a lingua materna dunha parte significativa da sociedade, pois a porcentaxe de persoas que falan sempre en galego sitúase no 44%, lonxe da maioría que esgrime a Xunta.
Vivimos nun mundo cada vez máis globalizado, no que deixamos de lado nosa propia cultura en favor das estranxeirasVivimos nun mundo cada vez máis globalizado, no que deixamos de lado nosa propia cultura en favor das estranxeiras. Medimos a utilidade dunha lingua polo seu número de falantes. Con todo, todos os idiomas son igual de relevantes, porque todos nos permiten comunicarnos con outras persoas e achegan riqueza lingüística, considerada hoxe en día como unha molestia para a comunicación, pero en realidade é unha das maiores riquezas da humanidade. Sería moi triste que o Atlas UNESCO das linguas do mundo en perigo seguise aumentando, polo que debemos evitar, falando o noso idioma, a súa incorporación. Debemos lembrar que as linguas forman parte da nosa historia e patrimonio, e son sumamente importantes porque nelas fóronse encarnando coñecementos culturais únicos ao longo dos séculos. Son un alicerce fundamental das nosas sociedades.
Entre tanto, nin os partidos políticos nin o goberno estatal se pronuncian sobre a mala situación do galego, e son organizacións tales como a Real Academia Galega ou a Mesa pola Normalización Lingüística as que teñen que iniciar campañas en favor do noso idioma. Os escasos apoios cos que conta indígnanos a todos os galegofalantes que queremos que a nosa lingua consiga a súa normalización, estando presente en impresos oficiais, nos servizos de atención ao cliente de empresas, no audiovisual, na prensa, nas páxinas web, etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario