No último trimestre as economías galega e española incrementaron o PIB na mesma percentaxe: o 0,8%, mas se observamos os dados inter-anuais vemos que nos últimos doce meses Galiza aumentou o seu produto bruto nun 3%, entanto que España o fixo nun 3,2%.
A Xunta destacou nun comunicado que a economía galega encadea con este 11 trimestres consecutivos de crecimento. Porén, Galiza non dá rachado coa histórica tendencia de crecer menos que España cando a economía estatal anda no arredor do 3%.Boa parte do crecimento baséase no aumento da demanda e aí o protagonismo cai do lado das administracións públicas que, en ano duplamente eleitoral, incrementaron na Galiza o seu gasto no 1,4%. Fogares particulares rexistaron un incremento menor, por volta do 0,8%.
Canto á formación bruta de capital, o indicador do investimento das empresas, o aumento a respeito do trimestre anterior foi tamén do 0,8%. No que atinxe á balanza comercial, as importacións medraron por cima das exportacións (un 2,9% face o 2,7%).
Ningún comentario:
Publicar un comentario