Duplica a media estatal no índice de incidencia dos accidentes mortais.
Galiza está á cabeza do Estado español en
índice de incidencia (número de accidentes por 100.000 traballadores) en
sinistros laborais mortais. Duplicamos a media estatal no que é unha
constatación máis do preocupante panorama que nos accidentes laborais
rexistra Galiza. Unha análise feita por UGT dos dados de sinistralidade
laboral nos seis primeiros meses do ano reflicte que na Galiza se
rexistaron 11.513 accidentes laborais, dos cales 22 foron mortais, 210
graves e 11.281 leves. “O que acontece na pesca segue a ser certamente
preocupante, con sete falecidos, mais tamén se produciu un forte
incremento do número de accidentes de carácter grave, pasando do 18 a
25”.
“É evidente que urxen políticas públicas eficaces que velen polo cumprimento da normativa existente e que freen esta eiva que xa non é só laboral, senón que se trata dun problema de orde social. Porque son moitas as persoas que falecen no seu posto de traballo pero tamén son moitas as que, vítimas de sinistros laborais, quedan mancadas de por vida, coas consecuencias que todo isto carrexa para os afectados e para as súas familias”, indica o sindicato.
A provincia de Lugo é a que rexistra o segundo maior índice de todo o EstadoEstas cifras sitúan o noso país á cabeza do Estado en materia de sinistralidade mortal, cun índice de incidencia de 0,519 puntos, fronte aos 0,259 do Estado. A provincia de Lugo (análise por provincias) tamén é a que rexista o segundo maior índice de todo o Estado, cun 1,077 (só superada por Huesca, cun 1,4), duplicando, incluso, a media galega e multiplicando por catro a do resto do Estado.
“É evidente que urxen políticas públicas eficaces que velen polo cumprimento da normativa existente e que freen esta eiva que xa non é só laboral, senón que se trata dun problema de orde social. Porque son moitas as persoas que falecen no seu posto de traballo pero tamén son moitas as que, vítimas de sinistros laborais, quedan mancadas de por vida, coas consecuencias que todo isto carrexa para os afectados e para as súas familias”, indica o sindicato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario