Un obreiro, un animador cultural, un galego dos que suman.
Somos o que cultivamos, que é algo máis que o
que sementa e agroma na terra ou no mar, tamén ideas, relacións...e iso
é a Cultura. Benditos pois os nosos “santos”, os que nos mostraron quen
somos e onde estamos, Terra e Tempo en Galiza: Santa Rosalía, San
Castelao, San Moncho Reboiras... nunca ben celebrados, coñecidos, entón
queridos e logo defendidos. Somos o que cultivamos.
Así que unha nova celebración, está pra alentar o lume das ideas, ou pra regar as raiceiras, ás veces non ben enraizadas, polo que se enxerga: cada 8 de setembro, cando Galiza celebra dalgún xeito a Venus, representada na necesidade de tantas virxes dos milagres, remedios, socorro... é tamén cando se conmemora o cabodanos do pasamento do escritor Manuel María. Farase despois dun xantar arredor de Outeiro de Rei e dunha obrigada visita ás Penas de Rodas, finalmente entregarase, a quen o merece, a “Navalliña de Manuel María”. Non faltará Mini e Mero, gaita e pandeiro a ceo aberto... Será na tardiña e na carballeira de Santa Isabel, nas ribeiras do Miño, en Outeiro de Rei, como non pode ser doutro xeito. Faino a tribo de seu, como diría o lembrado finado, a Irmandade Manuel María da Terra Cha. Unha de tantas gromos nacidos arredor de Xérmolos de Guitiriz. Iniciativas entre as que tentan normalizar tanta anormalidade campante.
Neste 2016 o homenaxeado será Raúl Río dos Vilares, un obreiro, un animador cultural, un galego dos que suman.
Ser ou non ser, e Raúl Río é dos que son e dos que están con canto significa o ser humano e Galiza. Así pois un obreiro con ética, logo humanista galego. Entendendo por humanista non no revirado xeito retórico de pléiade: primeiro o ser humano que conforma pobo de seu, coa súa identidade que o distingue e aporta ao universo. Así é que existen os que desfán, os que fan e entre estes os que constrúen camiños pra que outros circulen e aviven as ideas de pobo culto. Raúl Río é destes últimos. Nacido en Tiñaz dos Vilares, na Terra Cha, foi baixo os fados dun día do Lume Novo do ano 1950, pra logo ser alumno do que quedaba daquela vella escola habaneir, onde recibe clases inesquecibles de amor á chaira impartidas por don Andrés Pérez Carballeira. Mestre que mesmo anima aos pais pra que o rapaz continuara estudos na Escola de Mestría de Lugo, que como conta Raúl non eran máis que escolas pra emigración.
Encetou a traballar como delineante nos talleres PREME da Coruña, con soldo que non daba nin pra cuarto na pensión. E non tivo máis remedio que seguir o camiño de moitos dos seus veciños, coller o “Shangai” , con enlace en Miranda de Duero e seguir a Euskal Herria. Inicialmente pousa en Sestao, pra ser alí peón albanel e despois caldeireiro nos estaleiros da Naval, logo no Superporto de Bilbao e no 1977 na dureza das Baterías do Coque dos Altos Hornos de Vizcaya, entre o infernal lume da lava da colada contínua. Nesa mesma brega obreira sigue até o peche da empresa no 1996. Aínda así no 1978 matricúlase na Escola de Enxeñeiros Técnicos da Universidade do País Vasco, pero o intensivo traballo de roldas de día e noite, fan que teña que desistir. Elixido polos compañeiros pro Comité de Empresa. No 1998 pasa á fábrica de laminación de bandas en frío de Etxebarri, onde se xubila no 2010.
Raúl Río ca estrela na fronte teima en buscar a orixe, entende e sinte unha gran admiración polo poeta chairego Manuel María, quen alá polo 1979, nunha visita daquel a Monforte lle conta e reafirma o que il xa enxergaba sobre a grandeza do seu veciño e coñecido amigo Xosé María Díaz Castro, poeta do tempo, da terra, da vida e da morte... e a quen - cando poucos llo facían - Raúl tenta agasallar en vida, erguendo e labrando na encrucillada dos Vilares, ao pe do cruceiro, unha pedra fita no seu nome. Ea velaí está pra que as Catro Estacións e os Catro Elementos segan a traballar sobre a peneda.
E nesas de afondar nas raiceiras da orixe segue Raúl, contándonos historias esquecidas de sabios, artesáns, emigrantes, xentes de tradición da Chá, que nin cavilaban en deixar nome máis que traballo do seu saber e da súa man.
A pesares das pedras do camiño, Raúl Río móstrase agradecido coa vida, entrega canto pode pra agasallar paisaxes e paisanaxes súas, como diría Manuel María. Con facilidade pro debuxo, a pintura, a escultura,a fotografía, mesmo pra escrita. Gustoso de transmitir e compartir a grandeza da terra, en desentullar, en desembardelar unha cultura distorsionada, esperpentizada. E moito lle quedaría aínda por contar a Raúl, como actor que foi sobre o camiño andado na dura emigración: Masustegui, os Altos Fornos, a insolidariedade, o enganoso folclore engaiolante como os cantos de serea, os fracasos, os acertos... os que quedaron, sen volta, nos camiños da emigración, cun sono non cumprido.
Militante, máis de praxe que de teoría, do nacionalismo galego e do vasco tamén, colaborador nos medios, en “Egin”, “Euskadi Información”, “Gara”, animador e difusor do xornal a “A Nosa Terra”, no que tantos emigrantes puxeron tantas esperanzas, frustración da que aprender...pra recuperar de novo esa tempo perdido. Escolleito entre os obreiros vascos pra representalos coa súa voz no acto de Lortu Arte que tivo lugar no Pazo Euskalduna de Bilbao o 20 de xuño do 2010, e que significou un fito de unión para canto significa o nacionalismo Vasco fronte as sempre sofisticadas formas de poder dos lobby político-financieiros, as multinacionais.
Obreiro entre o suor, o ferro e o lume, entre os acordos e desacordos dos sindicatos e das cuestións de Galiza e Euskadi, ás que entregaba os seus días e horas de folgo pra animar e unir alí onde alentase algún folgo humanista e galego. Sabendo do poder sedutor da cultura, da música, poesía, arte, tradicións con iso que cose toda relación, fundamento da política. Manuel María era un dos asiduos convidados - como moitos outros entre os que teño o deber de agradecelo - a aquela casa baixo esoutro monte sacro de Eukal Hrria, o Serantes. Humilde casiña vasca feita pra enxergar a rebuldeira ría de Bilbao e canto ela oculta, á que se chegaba, case sen folgos, trás unha longa e empinada escaleira en cemento, todo un símbolo. Gloria e Raúl ofrecían a súa casa, o seu cuarto, levábannos e mostrábanos os museos, Portugalete, por Bilbao adiante, envolvíanos no “bucle melancólico”, mostrábanos as minas de ferro de Galdames, entre historias duras de traballo e guerra, Pasionaria por medio. Nos campos de fútbol gozábamos co seu fillo, no dorsal “Río”, un novo vasco, fondamente galego, futbolista que foi dos equipos do Santurtzi, do Bermeo, do Sestao e do Portugalete. Gustoso de meternos nalgunha taberna, de compartir o encontro nun “Txoko”, cos amigos, sen faltaren o profesor Xosé Estévez, Deibe... e tantos que non esquezo, algún xa na romaría da Galiza celeste que tanto desacougo lle producía a Manuel María. Tamén nos fixo camiñar a través das pegadas de Cabanillas, de Asorey en Euskadi e mesmo sentín a Raúl identificado coa imaxe do Cristo, coñecido como “o Galego”, obra do escultor de Cambados, venerado nos xesuítas de Barakaldo. Mostrounos ao crucificado e vimos nesta cimo do Viacrucis o retrato do emigrante galego.
Raúl Río comprometeuse e animou a vencellar aos emigrantes galegos coa cultura de Euskadi. Como non, atraído pola poesía de Gabriel Aresti, mesmo correspondeu e agasallou en Galiza a súa memoria. E por il Xérmolos convidou a súa viúva Melitxu á Festa de Parguiñas. Devocións compartidas con Manuel María e con cantos quixeran. Coñece a escritores e creadores vascos aos que, como construtor de pontes solidarias, presentou a outros galegos e galegas.
Sempre achegado ás comunidades galegas, ao asociacionismo cultural e aos barrios de emigrantes, como Masustegui, nas abas do monte Kobetas, sobre Bilbao, construído, bloque a bloque, uralita a uralita, casa a casa e hortiño en noites de medo. No 1980 encargarase de aspectos de cultura na Casa de Galiza de Santurtzi fronte ao anestésico folclorismo que reboza e confunde causas e efectos. No 1983, con outros coma il será fundador en Barakaldo da Asociación Cultural Rosalía de Castro, da que foi secretario: conferencias, exposicións, edicións como a revista “Esmorga”, homenaxes á memoria de Cabanillas, Asorey, Díaz Castro.... celebración das tradicións, ás que eran convidados oradores de Galiza, onde Manuel María era xa un símbolo, a voz de Galiza.
Por moito agasallo que se faga a Raúl Río e con el a súa compañeira Gloria Díaz, todo será pouco. Un anaco do que Galiza lle debe á emigración consecuente con canto significa a Terra e o Tempo no que nos tocou vivir. Polo devandito e o que non se dixo aínda este ritual e a outorgada “Navalliña de Manuel María”, forxada en Galiza, sirva como metáfora que convide a seguir a labrar en buxo esa cantada GALIZA CEIBE.

Ningún comentario:
Publicar un comentario