A Federación de Comercio de Pontevedra levou a cabo unha enquisa sobre o gasto que se estima que se produza no inicio escolar na provincia de Pontevedra. Os resultados versan que o gasto total de media, incluído a compra de roupa e calzado, ademais de comedor e transporte, será de 769 nun centro público, de 1.048 nun concertado e de 1.804 nun privado.
A enquisa indica que se producirá un crecemento do 6% con respecto ao ano pasado. Os datos obtivéronse entre os días 5 e 17 de agosto, a través de 2.000 enquisas a pé de rúa en Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e 35 concellos de máis de 3.000 habitantes da provincia de Pontevedra. Entre as persoas enquisadas, 1.000 levan aos seus fillos a centros públicos, 600 a centros concertados e 400 a colexios privados. O gasto medio de libros de texto será de 230 euros, de material escolar 87 e de mochilas 19 euros. O comedor sairá a 92 euros nun centro público, a 131 euros nun concertado e en 148 nun privado. Mentres, o gasto do transporte alcanzará os 50 euros nun colexio de titularidade pública, 82 nun concertado e 114 nun privado. Nos privados está a matrícula que ten un custo de 297 euros. A mensualidade en centros privados é de media de 404 euros. Nos privados e concertados hai que gastar en uniformes, que rolda os 317 euros. Nos públicos o comezo do curso escolar supón a compra de roupa e calzado para o neno que se realizará ao comezo do curso e sitúase o gasto ao redor de 147 euros. Hai que sumar os gastos das actividades extraescolares, deportivas e de lecer, xunto ao comedor e ao transporte, que tamén son mensuais e pode supor ao mes 141 euros en públicos, 180 en concertados e 589 en privados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario