Máis de 118.200 persoas levan máis dun ano á procura de traballo, o 53% das persoas no desemprego. Case o triplo que no comezo da crise.
O paro de longa duración é xa un problema de calado en Galiza, que afecta a 118.200 persoas [Cifras da enquisa de poboación activa, EPA],
o que supón unha de cada dúas persoas que están no desemprego no noso
país. O 53% dos desempregados galegos éo de longa duración, é dicir,
leva máis dun ano na procura activa de traballo. A finais de 2015 eran
118.100 persoas nesta situación. No primeiro trimestre de 2016, o número
descendera a 109.500, para medrar en máis de 8.000 persoas entre abril e
xuño.
Desde o inicio da crise, en 2009, a cifra de desempregados sufriu, loxicamente, un considerabel aumento. Daquela había en Galiza 44.000 persoas nesta situación, mentres que a cifra actual case que triplica ese número. Porén, ao longo destes anos houbo picos máis altos, como en 2013, canso se superaron as 140.000 persoas en situación de paro de longa duración. Un factor, non o único, que serve para entender as vagas de emigración que Galiza sufriu durante estes anos.
Máis de 30.000 dos parados de longa duración teñen estudos superioresO paro de longa duración enquístase e ofrece sinais para a preocupación. Como que case un de cada tres persoas nesta situación teña menos de 35 anos, o que indica a grave problemática que temos en canto a emprego xuvenil. O 30% desas 118.200 persoas que están no paro de longa duración ten entre 16 e 34 anos de idade. Fronte ao que se poida pensar, este paro tamén bate a aquelas persoas con estudos superariores. Máis de 30.000 deses 118.200 parados de longa duración teñen estudos superiores, unha cifra importante.
Desde o inicio da crise, en 2009, a cifra de desempregados sufriu, loxicamente, un considerabel aumento. Daquela había en Galiza 44.000 persoas nesta situación, mentres que a cifra actual case que triplica ese número. Porén, ao longo destes anos houbo picos máis altos, como en 2013, canso se superaron as 140.000 persoas en situación de paro de longa duración. Un factor, non o único, que serve para entender as vagas de emigración que Galiza sufriu durante estes anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario