ENTREGARANLLO AOS PARTIDOS QUE CONCORREN AO 25S
Adega, Amigos da Terra, APDR, Apropiga, CIG, Comité en Defensa do Monte Galego, FEG, Fruga , ORGACCMM, Ovica, SLG, Sos Coello de Monte e Unitega fan fronte común en defensa dun rural con futuro. Para iso, veñen de presentar un manifesto baixo o lema “Compromiso por un mundo rural galego vivo”.
Un total de trece entidades vén de presentar publicamente en Pontevedra o manifesto "Compromiso por un mundo rural galego vivo".
Trátase dun documento que os colectivos asinantes - Adega, Amigos da
Terra, APDR, Apropiga, CIG, Comité en Defensa do Monte Galego, FEG,
Fruga , ORGACCMM, Ovica, SLG, Sos Coello de Monte e Unitega- achegarán
ás forzas políticas para tratar de lles arrincar un compromiso de cara
ás eleccións galegas do 25 de setembro.
As entidades que asinan o manifesto advirten do “elevado grao de envellecemento, abandono e desertización de practicamente todas as zonas rurais da Galiza”. Isto, engaden, ten o seu reflexo na “desestruturación do territorio” e “leva aparellado elevados riscos de incendios de grandes dimensións, perda de diversidade biolóxica e o mais importante a perda de dinamismo social e económico”.
O porqué do estado do rural galego
O manifesto denuncia que a realidade que presenta o rural responde á aplicación de políticas neoliberais; á consideración do medio ambiente como moeda de cambio en beneficio do grande capital ou como un aspecto residual nas lexislacións que afectan ao rural; á privatización da xestión dos montes veciñais; á promoción e implantación de monocultivos forestais de crecemento rápido, de cultivos enerxéticos e megamineria ; a consideración do rural como lugar de goce das elites sociais e á aplicación dunha Política Agraria Común (PAC) que destrúe as economías familiares en beneficio das multinacionais.
A respeito da política medio ambiental, o manifesto avoga por suprimir calquera axuda á silvicultura e á forestación con especies pirófitas e por promover as especies autóctonas; por reducir a superficie ocupada polo Eucaliptus globulus e por prohibir a forestación con Eucaliptus nitens e outras especies invasoras; por impedir os cultivos enerxéticos e o aproveitamento da biomasa forestal residual exclusivamente con fins enerxéticas; por adaptar a actividade forestal ao cambio climático, tendo en conta as situacións de risco; por alternativas que eviten a degradación e a perda de solo fértil nos montes e por cancelar a prórroga concedida á fabrica ENCE en Lourizán.
Aliás, as organizacións impulsoras reclaman a retirada do Plano Forestal de Galiza para a súa revisión; a eliminación da obriga de presentar o Imposto de Sociedades ás comunidades de montes veciñais; a elaboración desde Galiza dunha fiscalidade propia e axeitada á figura do monte veciñal e ás súas funcións; a creación dun selo de certificación forestal galego e público; o apoio en común dos montes particulares, derrogando as Sociedades de Fomentos Forestal (SOFOR) e pondo en vigor as Unidades de Xestión Forestal (UXFOR), e outras formas asociativas e/ou cooperativas; a reformulación dos órganos consultivos e de participación relacionados coa política de montes; a aposta nun monte funcional no que se contemple a posta en valor do patrimonio etnográfico e cultural e a adecuación das axudas concedidas para labores nos montes tendo en conta a finalidade e estacionalidade dos traballos.

"Os colectivos promoven políticas agro-gandeiras que favorezan prezos que poidan cubrir os custos de produción e que potencien o feche dos ciclos produtivos no país"Neste contexto, os colectivos que presentaron o documento promoven políticas agro-gandeiras que favorezan prezos que poidan cubrir os custos de produción; que potencien o feche dos ciclos produtivos; que promovan os circuítos curtos de comercialización, distribución e consumo; que fomenten a economía social; que ordenen e orienten os cultivos en aras da mobilización das terreas e do aproveitamento da superficie forraxeira e que eviten a construción de grandes infraestruturas de obra pública que desnaturalicen e devasten o entorno e riqueza paisaxística, patrimonial e cultural. Tamén demandan que o Goberno galego se poña ao TTIP por supor un atentado contra a seguridade e a soberanía alimentar do pobo galego.
A respeito da política medio ambiental, o manifesto avoga por suprimir calquera axuda á silvicultura e á forestación con especies pirófitas e por promover as especies autóctonas; por reducir a superficie ocupada polo Eucaliptus globulus e por prohibir a forestación con Eucaliptus nitens e outras especies invasoras; por impedir os cultivos enerxéticos e o aproveitamento da biomasa forestal residual exclusivamente con fins enerxéticas; por adaptar a actividade forestal ao cambio climático, tendo en conta as situacións de risco; por alternativas que eviten a degradación e a perda de solo fértil nos montes e por cancelar a prórroga concedida á fabrica ENCE en Lourizán.
O manifesto apela a recoñecer a titularidade comunitaria do monte e a crear un órgano que atenda ás necesidades da propiedade comunalEn relación á política de montes, o manifesto apela á modificación da Lei de Montes co fin de que se recoñeza a titularidade comunitaria; para dotar a administración pública galega dun órgano específico para atender as necesidades da propiedade comunal; para condonar falsas e inxustas débedas dos montes veciñais conveniados ou consorciados; para que o reinvestimento obrigado na mellora dos montes veciñais sexa segundo os planos de ordenación e atendendo ás características do monte e da veciñanza comuneira e para que a Administración competente en materia de montes asuma o compromiso de realizar os deslindes dos montes veciñais.
Aliás, as organizacións impulsoras reclaman a retirada do Plano Forestal de Galiza para a súa revisión; a eliminación da obriga de presentar o Imposto de Sociedades ás comunidades de montes veciñais; a elaboración desde Galiza dunha fiscalidade propia e axeitada á figura do monte veciñal e ás súas funcións; a creación dun selo de certificación forestal galego e público; o apoio en común dos montes particulares, derrogando as Sociedades de Fomentos Forestal (SOFOR) e pondo en vigor as Unidades de Xestión Forestal (UXFOR), e outras formas asociativas e/ou cooperativas; a reformulación dos órganos consultivos e de participación relacionados coa política de montes; a aposta nun monte funcional no que se contemple a posta en valor do patrimonio etnográfico e cultural e a adecuación das axudas concedidas para labores nos montes tendo en conta a finalidade e estacionalidade dos traballos.
O manifesto reclama criterios profesionais á hoar de desenvolver o servizo de extinción dos lumes, que debe ser públicoPara combater os lumes, o manifesto recolle que cómpre considerar os incendios un problema de país. Aliás, advirte da necesidade de previr os lumes durante todo o ano, de apostar na implicación das persoas titulares das terras para a posta en valor dos montes veciñais e de considerar a extinción como un servizo público que debe desenvolverse con criterios profesionais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario