O Diario Oficial de Galicia publica este xoves a resolución pola que se conceden axudas á edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao que se destinan 170.000 euros.
A través destas subvencións, a Consellería de Cultura busca garantir unha oferta de material educativo en galego no ensino regulado que sexa amplo e de calidade científica e pedagóxica.
Con estas subvencións preténdese, ademais, apoiar ao sector editorial galego, xa que grande parte dos proxectos escollidos foron presentadas por empresas galegas.
As nove editoriais que resultaron adxudicatarias das axudas foron Xerme Edicións, Editorial Vicens Vives, Edicións Xerais de Galicia, Editorial Luís Vives, Edicións Don Bosco, Edicións Obradoiro, Happy Family, Baia Edicións A Coruña e Servipost Editores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario