Con este acto o colectivo A Sega pretende recoñecer as mulleres que teñen contribuído sobranceiramente á cultura galega.
O Día das Galegas nas Letras busca celebrar a figura dunha muller que contribuíse de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular. O colectivo A Sega escolleu o día 15 de agosto como data central dos actos de celebración por ser o día da Nosa Señora.
María Xosé Queizán Vilas, nada en Vigo o 5 de febreiro de 1939, é unha escritora, catedrática de lingua e literatura galega e destacada activista. Foi directora da asociación feminista Feministas Independentes Galegas (FIGA), directora da galería de arte Roizara de Vigo, vicepresidenta do Consello Municipal da Muller do concello de Vigo e directora e organizadora do I encontro de Mujeres Poetas Peninsulares y de las Islas (1996).
PROGRAMA DA XORNADA:
12.00-13.00:Presentación da xornada por parte de representantes da Sega
Palabras de María Xosé Queizán
Lectura de textos e poemas da autora
13.00-20:00Comida no parque, que levará cada persoa / familia de forma particular (non se venderán alimentos nin a organización entregará ou organizará comida, o formato é tipo «Romaría»).
Actuacións:-Mercedes Peón
-Cintaadhesiva
-Sofía Espiñeira
-Silvia Penas
-Ai-el-ela Pandereteiras
-Rianxeiras da Covecha
-Actuación infantil por Educultoras, s.coop galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario